Achegamos imaxe do alumnado cos mellores expedientes de bacharelato deste curso. Once dos titulados -oito mulleres!- obtiveron un título de honra. Catro obtiveron a máxima cualificación, un 10, en todas as materias: Nora López González, Antía López Martínez, Alejandro Lamas Martínez e Carolina Balado Puentes. Completan a listaxe: Carmen Fernández Sanjosé, Elena López-Turnes Rodríguez, Lara Lorenzo Hernández, Aitana Vázquez Martínez, Hugo Seijas Bouzamayor, María Baños Rodríguez e Hugo López Berdeal. Están todos na imaxe xunto ao Director do centro, Manuel Rei (sentado, á dereita).
Catro dos honrados queren estudar Medicina, e, os demais, Criminalística Forense, Enxeñaría Biomédica, Bioloxía ou Artes.
Parabéns a todas e a todos, e moita sorte nas probas ABAU de acceso á universidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario