Non na Biblioteca como estaba previsto pero si no Salón de Actos, o 9 de maio tivemos o gusto de ter connosco a Ledicia Costas, narradora recoñecida con importantes premios, moitos deles de literatura infantil e juvenil.
A escritora falou das súas obras, especialmente de Golpes de luz, divertida novela que está a ler parte do alumnado e que xira arredor da intrahistoria dunha familia rural, dos segredos que marcan a vida de tres xeracións.
Ao remate, asinou exemplares dos seus libros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario