Amosando publicacións coa etiqueta Entrevistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entrevistas. Amosar todas as publicacións

27 de abr. de 2013

Entrevista a Vilma Berontaite

VILMA BERONTAINE É UNHA SIMPÁTICA PROFESORA DE INGLÉS LITUANA DE 28 ANOS QUE ESTIVO ESTE CURSO CONNOSCO NO “CONCEPCIÓN ARENAL”, PARTICIPANDO  NO PROXECTO WATER, SPRING OF LIFE, DENTRO DO PROGRAMA EUROPEO COMENIUS. ADEMAIS DE APOIAR TODAS AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS NO PROXECTO, VILMA REFORZOU AS CLASES DE INGLÉS, SOBRE TODO NO QUE RESPECTA Á CONVERSACIÓN.



CRISTINA CASAL
LARA CASTRO
NOA CASTRO
3º ESO A  

Vilma e Lara Castro durante a "interview".

- You are at our school as an assistant to help pupils and teachers who are working in the Comenius Project. How did you get to take part in the project?
- I got into a project of the European Union for teachers who don´t have too much experience; you have to apply for Comenius assistantship project and they accept you. I chose the country but not the city. They assigned me the town of Ferrol, so I came here.

- How long have you been in Spain?
- I´ve been here since the 22nd of October and I´ll be here until the 15th of June.

- What´s your opinion about Galicia?
- I´m from the northern Europe, from Lithuania and from there, when we thought about Spain, we imagined flamenco, beaches, sun, bullfighting, “sangria”… (laughters). The only thing I knew of Galicia was The road to Santiago and its history and things like that. Later, when I went to the Canary Islands I was told more things about Galicia. They told me about the rain, about the Galician milk, that is exported all over Spain, about “Estrella Galicia”; by the way, I like it very much (laughters). I think Galicia is similar to Lithuania in the green landscape, and it´s different the seafood…. People are more open and live more quietly. In Lithuania  everything goes fast, there is a lot of stress.

- Had you ever been to Spain before?
- Yes, I had. The first time I came to Spain, I went to the Canary Islands, where I was living for a year. After that, I visited “La Costa del Sol”…. I think I visited quite a lot of places in Spain.

- Do you like to be at this school?
- Yes, definitely. I think the work is very organised. When I arrived, I was a bit afraid but everybody helped me from the beginning. Everybody is very kind and helps me.

- How do you feel working with us?
- At first it´s always a shock to change your country, but not so much here in Ferrol because I had already been to the Canary Islands. Although at first I was scared that, for example, pupils made fun of me since they´re teenagers, you know, but now I feel really happy.

Vilma respondeu moi amablemente ás preguntas das nosas tres reporteiras.
- I think you have some problems with the pronunciation. Where do you think the English level is higher, in Lithuania or here?
- I think in Lithuania the level is better…

- What languages do Lithuanian pupils usually learn?
- The first language is, of course, English and later children can choose between French, German or Russian.

- Do you think Spanish language is difficult to learn?
- No, I don´t think so. Definitely, it´s not a difficult language. The most difficult  for me is to distinguish between feminine and masculine.
Vilma (con gafas de sol) e alumnas co Comenius de excursión no Belelle.


22 de mar. de 2013

Entrevista a Tino Seco

MARTA CASTRO ROMANÍ
ANDREA DEIBE GARCÍA
 
2ºA de ESO


Para comezar, gustaríanos coñecer un pouco en que consiste ser director e darnos unha idea do que fai. Cales son as principais funcións dun director?
—O director é o máximo responsable de todo o que pasa no instituto, realmente non fai nada concreto, xa que case todas as funcións de organización e de coordinación repártense entre os membros do equipo directivo, como os xefes de departamento e o profesorado. Digamos que o director é o maior organizador. Se ves o traballo dun director observarás que é asinar, convocar reunións e dirixilas. As funcións globais do director resúmense na coordinación de todo o equipo do Centro e a máxima responsabilidade do mesmo.

—Que pensaches cando soubeches que ías ser director?
Realmente non mo comunicaron, xa que o proceso de ser director, excepto nalgúns casos onde ninguén quere selo, é voluntario; eu tomei a iniciativa de presentarme ao cargo, escoller un equipo, un proxecto e levalo ao Claustro e presentalo. Formouse unha comisión de selección formada por membros do centro, e esta decisión non me  chegou dun día para o outro, non foi unha sorpresa.

—Pódesnos dicir o que máis che gusta de ser director?
(Risas) É complicado. A min paréceme un traballo moi interesante, pero... non sei, tal vez as funcións que non son de día a día, non me gusta a burocracia de día a día, gústanme as tarefas de organización e de planificación do centro, pero non para resolver problemas inmediatos, senón para un futuro próximo ou para cursos vindeiros.

—Cansa moito ser director? Estás case todo o día ocupado, vémoste de aquí para alá...
Si, ben (risas) é moi distinto ser un profesor normal e corrente como fun durante moitos anos, a túas responsabilidades limítanse a dar clases e sabes o que vai a ser o día porque planificas as túas clases e segues os teus horarios; pero cando es director isto cambia, aínda que teñas preparado o día a día nunca sabes que vai pasar, e hai días moi intensos con problemas e conflitos que non contabas que pasaran.

—Gústache máis ser director ou profesor?
Ambas as cousas me gustan, as dúas teñen a súas vantaxes e inconvenientes, agora mesmo estou bastante motivado para a tarefa que estou desenvolvendo, é dura e complicada, é máis difícil do que parece, pero agora mesmo estou máis centrado e apetéceme máis a tarefa de director, aínda que tamén  me gusta moito a de profesor. 

—Pasando un pouco á parte da túa "historia" no instituto e como te sentes... desde cando levas dando clase neste Centro?
Levo vinte anos dando clases aquí.

—É moito tempo! Non botas de menos dar clases despois de tanto tempo exercendo como profesor?
Ben, claro, moitos días, moitas veces, sempre che vén á cabeza "Qué ben estaba eu dando clase", (risas), xa que non era tan conflitivo nin había tanta tensión como agora. Gústame ser profesor, e, evidentemente, sigo dando algunha clase, pero o que máis ocupa o meu tempo son as tarefas de director. Si que é verdade que sempre pensas, como dixen antes, "quen me mandaría a min meterme nisto", pero eu tomei unha decisión e teño moi claro as miñas tarefas e responsabilidades e os inconvenientes e vantaxes.

—Pero, estás contento neste Centro?
Si, evidentemente podería cambiar de Centro sen problema, pero non se trata só de estar contento, trátase tamén de estar polo labor de que o centro sexa a idea que eu teño, e se o consigo vou  estar máis contento. Hai que tomar parte activa nos proxectos, son só estar contento.

—Cambiou moito a túa relación cos alumnos dende que en vez de ser o profesor de Educación Física, te ven como o director?
T: Non cabe dúbida que a relación que tes cos teus alumnos cando es profesor, sobre todo de Educación Física, cambia moito cando es director.  É certo que moitos alumnos, sobre todo alumnos que lles dei desde fai tempo, como por exemplo, os cursos de Bacharelato, lles é difícil asumir unha relación distinta, quizás nalgúns casos cústalles traballo asimilar o cambio de rol.

—Cres que ti cambiaches dende que eras profesor, ata agora? Fisicamente xa sabemos que si, cambiaches o teu chándal e vas moi arranxadiño, pero a túa personalidade é a mesma?
Non, claramente, non fai falla ir de chándal cando non tes clase de Educación física, e sobre todo sendo director, sobre todo de cara a persoas do profesorado ou do Centro que non se esperan que un director vaia en chándal, ademais as clases que teño son en nocturno, así que non teño que ir con chándal pola mañá, pero ben, eu sigo sendo o mesmo, aínda que o meu comportamento é distinto, xa que non é o mesmo papel o dun profesor que o dun director, así como o seu comportamento. Cando cheguei ao Centro tiña uns pensamentos que agora xa non teño, as persoas evolucionan,  pero iso non significan que sexan distintas. Posiblemente nuns anos cambie de novo os meus pensamentos, pero non dun ano a outro.

—Xa chegando ao final, queremos saber novas iniciativas. Que cousas  che gustaría cambiar agora que es director?
Loxicamente hai aspectos que hai que cambiar, ben, non tanto cambiar, senón resolver os problemas que temos no centro. O problema principal que temos é o rendemento académico, hai que buscar que titulen máis alumnos e mellorar o rendemento, non significa que o que temos agora sexa malo, pero non temos que satisfacernos con algo que podería ser moito mellor. Ese cambio sería o principal e sería moi favorable. Como conseguilo? Por agora non o sei, estamos buscando medidas, non é un concurso ou competición con outros Centros, senón que axudaríamos aos alumnos do instituto. Tamén hai outros obxectivos que teríamos que mellorar, como a resolución de conflitos entre alumnos, e outros obxectivos máis insignificantes pero tamén importantes.

—Cres que os alumnos e profesores aceptarán estes cambios?
Si, este é un Centro con fama de arrastrar moitas inercias, e moitas veces atopámonos con medidas que sempre se fixeron dunha forma e que non se cambian porque son unha tradición, e moita xente non quere cambiar estes métodos, por iso hai algúns cambios moi ben recibidos e outros non. Aquí sempre as decisións e os cambios preséntanse nos órganos de consulta e estes cambios serán democráticos, e evidentemente sempre haberá persoas afectadas ou que non están de acordo, aínda que sempre poderemos dar marcha atrás, porque se me equivoco non teño ningún problema en rectificar ou modificar o feito.

—Xa rematamos coa entrevista, moitas grazas pola atención.
Grazas a vós.

3 de feb. de 2013

Entrevista a Iria Grandal


RAÚL LOMBA MAROÑO (1º B Bach.)

Esta vez contamos cunha desas persoas que non fai falta que a presentemos. Non hai tanto, Iria Grandal esperaba nas míticas cadeiras verdes do noso Centro a que tocara o timbre e poder saír ao recreo ou irse para casa ao rematar unha dura mañá de estudo. Agora, Iria é unha das grandes promesas do deporte español e este verán cumpriu un soño que calquera deportista quere cumprir ao longo da súa carreira deportiva, participar nuns Xogos Olímpicos.


Iria Grandal en Londres xunto ao Támesis. Detrás, o Palacio de Westminster,
sede do Parlamento Británico coa súa Torre do Reloxo, o Big Ben.


—Boas, Iria, o tiro con arco non é un deses deportes que calquera neno ou nena queira practicar e menos aquí en Ferrol. Cal foi o motivo polo que escolliches este deporte?
Foi por tradición familiar, comezou miña nai a tirar, logo enganchouse o meu pai; meu irmán daquela facía fútbol sala e deixouno para tirar con arco. Eu non podía ser menos e aos 8 anos deixáronme coller un arco por primeira vez.

Iria Grandal co seu arco nos XX.OO. de Londres
—A túa clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres foi unha sorpresa pola túa xuventude. O obxectivo era Río 2016 pero adiantácheste catro anos. Como foi a experiencia en Londres 2012?
Moi boa, aprendín moito, disfrutei como unha cativa e fortaleceume como persoa e como deportista para continuar co duro traballo outros catro anos máis.

—Nalgún momento, dende que te enteiraches de que Hyeonju Choi (ouro por equipos en Londres 2012) era a túa rival en dezaseisavos de final, pensaches que se decidiría nunha frecha de desempate?
Teño que dicir que prefería que gañara a italiana na eliminatoria de antes para poder enfrontarme a ela en lugar da coreana, pero sempre digo que as coreanas son as favoritas mais non son invencibles. Eu saín coa intención de gañar, coma sempre, e fun centrándome frecha a frecha, sen pensar nin tan sequera nunha frecha máis adiante da que estaba a tirar. É verdade que logo vas vendo que o tes máis doado o mais difícil, pero os deportistas sempre comezamos coa única idea da vitoria.

—Moitas ganas de que chegue Río 2016? Cal é o obxectivo?
Aínda queda moito tempo, non podería dicir cal é o obxectivo. En primeiro lugar, este ano teño cousas que arranxar que deixei de lado esta tempada pasada, logo pensaremos na clasificación e, se consigo clasificarme (que non é doado), poñereime un obxectivo, dependendo sempre do nivel e da traxectoria que leve a cabo estes anos.

—Parece que en tiro con arco, como en moitos deportes, só se compite cada catro anos cando chegan os Xogos Olímpicos pero nós sabemos que isto non é así. En que campionatos tes pensado participar?

Este ano en poucos, a crise afecta enormemente ao deporte español e case non hai cartos. Ademais, ao ser ano despois dos Xogos non é importante competir tanto. Gustaríame poder acudir ao Campionato do Mundo absoluto que é en outubro deste ano que vén, pero, como xa dixen, o máis importante para min é solucionar algúns problemas que teño dende hai tempo.

—En que pensa unha cando está no campo de tiro representando a España?

Só estaba a gozar; o meu adestrador, ben aconsellado pola psicóloga que temos, traballou moi ben e fixo que non me puxera nerviosa durante a competición.

—Saques de honor, fotografías, entrevistas… en que cambiou a túa vida?

No meu caso, en Ferrol e en Narón coñéceme máis xente, teño recoñecementos por deportistas ou organismos dedicados ao deporte como pode ser o Rácing ou o equipo de fútbol sala do Artilleros, do que son madriña. Aparte diso, a miña vida continúa a ser como era, hai que baixar da nube e poñerse a traballar outros catro anos máis.

—Deixando de lado o mundo do deporte, que recordos tes do “Masculino”?

Os mellores recordos supoño que son os bocadillos do “Canario” que aínda agora vou a mercalos cando veño a Ferrol e sobre todo o meu último ano aquí, nas clases de Latín con Inés, eramos tres persoas e ademais de aprender moitísimo, pasabámolo moi ben.

—Agora estudas periodismo en Madrid… É Iria unha boa estudante ou quedámonos coa Iria arqueira?

Os deportistas de alto nivel somos bos estudantes, mais non temos moito tempo para organizarnos. Gustaríame ter todo o tempo do mundo e sacar a carreira en catro anos. Nós non podemos facer iso, nos anos preolímpicos e olímpicos case deixamos de lado a Universidade para adestrar mañá e tarde. É duro pero temos que labrarnos un futuro, xa que o tiro con arco non nos dará de comer nun futuro.


Iria Grandal en Londres. Detrás, o Victoria Memorial e o Buckingham Palace.

Antes de rematar con esta pequena entrevista propóñoche facer estas preguntas curtas:

—No mundo do tiro con arco, cales son os teus ídolos?

Sung-Hyun Park, única arqueira de arco olímpico (tanto de mulleres coma de homes) en pasar dos 1400 puntos.

—Do cero ata o dez, que nota lle pos a Iria Grandal como deportista?

Agora mesmo un 6. Aos deportistas de alto nivel a xente poñeríanos un 10 polo esforzo e sacrificio, o que pasa é que nós non o vemos como sacrificio, gústanos o que facemos e facémolo por pracer. Sempre se pode dar un pouquichiño máis do 100%.

—Receita para o triúnfo:

Traballo, esforzo, paciencia e constancia. E despois, humildade.

— Carta branca:

Grazas por acordarvos da arqueira, aínda que xa pasaron meses dos Xogos Olímpicos. É un orgullo que na túa cidade a xente te recoñeza cando dis o teu nome e ver o apoio continúo agradézoo moitísimo. Sempre se necesita. Grazas.

21 de dec. de 2012

José Luís Allegue

RAÚL LOMBA MAROÑO (1º B Bach.)

Hoxe contamos coa presenza de José Luís Allegue. O noso ex-alumno é agora o director dunha web deportiva que recibe o nome de Tribuna Deportiva. Esta web está pensada  para os amantes do deporte en xeral, xa que dispón dunha ampla gama de información acerca de calquera tipo de deporte. Dende aquí  convidámosvos a todos  a que cando rematedes de ler esta entrevista fagades un click no seguinte link:
www.tribunadeportiva.es
e ver o traballo que fan Jose, os seus compañeiros e compañeiras.
Allegue entrevistando ao ciclista Alberto Contador
Cando paseabas polos corredores do “Masculino” xa tiñas en mente o de estudar periodismo ou foi unha decisión de última hora?
O tema do xornalismo é algo que teño en mente dende que teño memoria. Cando era moi pequeno, quería ser futbolista, como moitos, pero como sabía que a cousa estaba complicada,  dubidaba entre dúas cousas: ser xornalista, ou detective secreto, aínda que o último era máis ben por iso de ter unha opción"B", tiña claro que o que quería era comunicar. De feito, cando estaba en 6º de primaria, escribín o meu primeiro artigo para a revista do meu colexio, “Cristo Rey”. Acórdome como se fose onte, titulábase: "El Depor, un punto negro en la historia de la Champions", e trataba  da derrota dos coruñeses fronte ao Mónaco en Champions (8-3).
Como xurdiu a idea de Tribuna Deportiva?
Eu estudo  Xornalismo en Salamanca. Alí, dende que cheguei, púxenme a facer prácticas en medios de comunicación e, en segundo, comecei a traballar nun xornal dixital: www.massalamanca.es. Paralelamente, colaboraba noutra web, nunha radio dixital e un xornal mensual, pero estaba máis centrado en MÁSSalamanca, xa que, malia ser  un medio humilde, deume moitas oportunidades de crecer e cubrir grandes eventos como a Copa da Raíña de baloncesto feminino en Arganda del Rey (Madrid), La Vuelta a Castilla y León de ciclismo, ou o Campionato de España. 
Allegue e o xornalista
deportivo Tomás Guasch
 Durante este tempo, ademais de todo iso, eu tamén escribía sobre deporte (a miña paixón) no meu blogue (www.once-contra-once.blogspot.com). Cando remataba o curso, aló por maio deste ano, o meu xefe, que xa é un amigo e un socio, propúxome cambiar o deseño do blogue e facelo máis moderno. A partir de aí, a cousa desvariou, díxenlle o da páxina como por dicir e  finalmente  acabou convencéndome para levar o proxecto a cabo. Busquei colaboradores e púxenme a traballar; podemos dicir que a culpa de que Tribuna Deportiva sexa unha realidade é de 'Once Contra Once'. 
Conseguir levar adiante este proxecto e contar co apoio con que contas é un soño feito realidade?
Home,  está claro que, polo menos, é un soño feito realidade; non o único, pero si un deles. Tribuna Deportiva son moitas horas de traballo e nunca se sabe ata onde poderemos chegar, así que trataremos de "liala parda" neste mundiño. Aproveitando isto, quero agradecer a axuda desinteresada dunha enorme lista de colaboradores de gran calidade, xa que, sen eles, isto non sería posíbel.
Marcaches algún obxectivo de cara  ao futuro?
Bufff, esta é unha pregunta máis complexa do que parece. Neste tempo, e vendo como a crise afecta  o xornalismo, o único obxectivo que teño  é tratar de mellorar cada día. Eu fago isto por gusto e por pracer, vivo para o deporte e síntome moi ben tendo baixo o meu mando un sitio web como este. A curto prazo, teño unha cousa en mente, e penso que en xaneiro será unha realidade. A partir de aí, día tras día, hai que traballar para gustarlle a toda a xente posíbel. Sei que TD non vai ser o Marca nin o AS, de feito  non quero que o sexa. Para min, polo de agora, é suficiente ler comentarios e tuits que nos felicitan polo traballo. Esta entrevista é unha mostra de que estamos a facer ben as cousas dende aquel 29 de xuño de 2012.
José Luís Allegue e o músico Carlos Jean
Neste mundo das webs deportivas, ¿que cres que fai falta para triunfar?
 Eu, dende a miña humilde opinión, creo que para triunfar nesto fan falta tres cousas: traballo, especialización e sorte. Chegar  ao público cando non tes cartos nin medios de difusión é complexo, así que hai que compensalo con traballo, moitísimas horas de traballo. Por outra banda está a especialización, algo sobre o que me abriu os ollos un recoñecido xornalista da comarca, Xan Morales, a quen lle agradezo moito o tempo que desinteresadamente me dedica sempre que pode dende que o coñecín no verán de 2011 cando presentei con Óscar Martínez (o rapaz de Radio Marca Coruña) o programa de deportes de Ártabra FM. Por último, fai falta sorte, xa que, por moito que traballes, nesta profesión é necesario estar no momento e lugar axeitado para que as cousas camiñen por onde teñen que camiñar.
Ao realizar entrevistas seguro que coñeciches a moitos deportistas. Algún que te sorprendera? Cal foi o que más ilusión che fixo coñecer?
Penso que a entrevista é o xénero no que máis estou gozando  dende que estudo Xornalismo. Por sorte, e grazas ao meu traballo, xa entrevistei a moita xente á que nunca pensei que podería acceder tan rápido. A min, que son un apaixonado do ciclismo, gústame presumir de que tiven a oportunidade de entrevistar persoalmente a catro gañadores do Tour de Francia: Carlos Sastre, Perico Delgado, Óscar Pereiro (unha persoa digna de coñecer e tremendamente simpático) e Alberto Contador, quen, sen dúbida, foi o que máis me impresionou, xa que tiven a oportunidade de falar con el durante a sanción por dopaxe, e nese tempo non atendeu a moitos xornalistas. No mundo do ciclismo, entrevistei a moita máis xente, dos que tamén me gustaría destacar a homes como Francisco Ventoso, Alejandro Valverde, Luis Ángel Maté ou Luis León Sánchez, que son unhas auténticas xoias.
Fóra de aí, tamén teño grandes recordos dalgunhas entrevista a outros deportistas como Javi Gómez Noya, Iria Grandal, Isa Sánchez ou Marta Fernández, unha persoa que me sorprendeu moitísimo polo boa que é e a súa admiración por Rudy, o seu irmán. Ademais, do mundo do deporte, tamén entrevistei a xornalistas cos que teño relación e que me botan unha man sempre que poden, caso de Maldini, David Labrador, Josu Garai, Laura Meseguer...
Pero non vaias  pensar que só entrevisto a deportistas! Tamén teño grandes recordos dunha entrevista con Carlos Jean e, sobre todo, unha con Juan Miguel Montilla, 'O Langui', con quen pouco me faltou para ir tomar unhas copas.
O seleccionador da Seleccción Española de
Fútbol Vicente del Bosque e José Luís Allegue.
En Tribuna Deportiva ten Diego Rivas (nacido en Narón, actual porteiro do Elche, líder da Segunda División Española) un blogue e escribe artigos que acercan o fútbol aos afeccionados. Un pracer poder contar con xente coma Diego en TD,  non?
Está claro. Diego é un gran rapaz, e sempre que se  lle pide algo accede ao momento. No caso do blogue, falei con el e a idea entusiasmouno moitísimo; é un luxo contar con el. O mellor é que non é o único, hai moita xente ''famosa'' que xa colaborou con blogue, e iso quere dicir que lles gusta o proxecto. Non podemos esquecer o espazo que  Jorge Escorial (Cadena SER) ten na web, nin as colaboracións de periodistas como Adrián Candalou Alberto Pérez, que tamén son da Cadena Ser.

Calidades e defectos de TD
Defectos hai moitos. Somos un sitio web formado  por  xente moi nova e, a inmensa maioría de nós, non temos a experiencia que  ás veces  é necesaria. Tamén pode que non esteamos a ofrecer unha gran cantidade de contidos, pero ese é un camiño que iremos facendo co tempo. No que se refire ás calidades, penso que o deseño que temos e os contidos que ofrecemos nos diferencian do resto. Son novas ou reportaxes que tratan de desmarcarse da fervente actualidade, algo que non é moi habitual na rede. Ese é un dos nosos puntos fortes, pero temos que corrixir moitos erros.
Tribuna Deportiva ten seccións especiais de
fútbol, ciclismo, tenis, básquet e motor, pero
ocúpase de todos os deportes.
Para poder levar adiante un páxina web necesítase  moito tempo, é posíbel compaxinar  o tempo que leva dedicarse a isto cos estudos?
É posíbel, pero tes que renunciar a outras cousas. Normalmente, quitarlle horas ao sono acostuma ser una boa “solución” para termos a web ao día; aínda que é importante ter claro que,  a á fin e a o cabo, o importante son os estudos, e teñen  prioridade sobre todo. No meu caso, teño  ordenador aceso todo o día. No navega  dor, a intranet da web, as redes sociais e a propia web están todo o día funcionando e, moitas veces, teño que perder festas  ou paseos por mor de ter o portal ao día. Ademais, posto que estou de ERASMUS en Bélxica, a cousa complícase se cabe un pouco máis.
Cales foron os motivos polos que te decidiches a escribir sobre deportes e non sobre outro tema?
O deporte é a miña paixón, ese é o principal motivo. Dende pequeno, "radiaba" os partidos de fútbol que vía pola televisión e agora estudo para facelo a gran escala. Ademais, sempre xoguei ao  fútbol, primeiro no San Rosendo, logo no Rácing e, por último, no Val; non quería desvincularme deste mundiño as í que optei polo periodismo deportivo. De todas formas, non é o único que me gusta e non pecho portas, non estamos en condicións de pechalas. Este verán  traballei  nos informativos de Radio Voz  e non me desgustou, de feito, agora teño un pequeno espazo na rede paro opinar de política e actualidade social. Penso que, pese a que é importante especializarse nun tema, non debemos pecharnos portas tan pronto, hai que querer aprender e saber de todo.
Para rematar con esta entrevista propuxemos a Jose facer un pequeno test sobre o noso Instituto. Aquí tedes as respostas:
- Algún profesor  ao que destacar: Sempre me levei moi ben con Inés, a profesora de Latín. Ademais, dando clase, gustábame moito Ángeles Seoane, con quen aprendín un montón, e Chelo, que fixo que me namorase da súa materia: Historia da Arte.
- Non te cortes, algún profesor dos que non queres que che toquen: María José Leira. Non por nada, pero a súa materia (CMC), parecíame un auténtico “tostón” . Eu elixín o Bacharelato de letras puras, e non me gustou nada ter que dar esa materia.
- Materia preferida: Isto é un pouco como o dos profesores: Lingua Castelá e Historia da Arte.
- Materias que non botas de menos: Ciencias para o Mundo Contemporáneo, Historia (aínda que Conchi, a profe, si que me gustaba) e Grego.
- Levas amigos ou inimigos?  Amigos e algún que outro inimigo, pero, sobre todo, o primeiro.
- Balance positivo ou negativo? Positivo. Cheguei  ao Masculino sen coñecer  a ninguén e funme de alí con amigos, experiencias únicas, unha gran viaxe de fin de curso e moitos coñecementos novos.
- Carta branca: Graciñas por pensar en min para entrevistarme. É un pracer poder colaborar en cousas do Instituto, xa que me trae grandes recordos. Simplemente, quero desexarvos moita sorte co proxecto e invitarvos a visitar www.tribunadeportiva.es. Unha aperta!