O Salón de actos do noso instituto ficou pequeno para albergar o alumnado o pasado día 18, onde volvemos contar coa sempre enriquecedora presenza do escritor Séchu Sende. Séchu estivera connosco o pasado mes de febreiro e a charla fixérase curta, así que volveu este martes pola tarde e deu unha charla na que asistiu o alumnado de segundo de bacharelato, o cal está a ler o seu libro “Made in Galiza”. Ficaron sen poder asistir alumnos de 1º de Bacharelato, pero o aforo estaba completo. Séchu é un home polifacético. Neste enlace podes ver un vídeo que elaboramos no centro para aproximarnos á súa figura. Coñeciámolo daquela como narrador, poeta, sociolingüista, promotor cultural, dinamizador social, artista gráfico e profesor. Tamén domador de pulgas! E descoñeciamos entón que, ademais de todo o dito, é tamén regueifeiro e... mago! Séchu sempre sorprende, e tivemos a fortuna de comprobalo o pasado martes, pois adiviñou as palabras que escribiron algúns asistentes á charla. Ao remate da charla, centrada no obxectivo da procura da concienciación lingüística, asinou libros e, xeneroso como sempre, acompañou as sinaturas con fermosos debuxos.
|
22 de out. de 2022
Charla de Séchu Sende
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario