BASES DO CONCURSO
Epitafios en galego é un concurso de elaboración de epitafios organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Concepción Arenal para a celebración do Samaín 2023, dirixido ao alumnado, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso da nosa lingua na creación artística.
1º Os epitafios elaboraranse en galego.
2º Cada alumna/o poderá participar unha soa vez.
3º Os epitafios poden ser creacións propias ou empregar citas célebres que teñan relación coa temática.
4º Permítese a decoración do modelo de lápida que se entrega para a elaboración do epitafio.
5º A participación no concurso realizarase ata o día 30 de outubro. As/os participantes deberán:
- Elaborar o modelo de lápida co seu epitafio.
- Anotar o seu nome e grupo na parte posterior do modelo.
6º Exporanse os epitafios para a súa visibilidade por parte da totalidade do persoal do instituto na biblioteca do instituto. Cada lápida será identificada cun número único que se empregará para a votación.
7º No caso de que o número de epitafios exceda o espazo para a exposición, realizarase unha selección previa por parte do EDLG.
8º Xunto coa exposición, instalarase unha urna de votación, así como, papeletas para que cada membro da comunidade educativa poida emitir un único voto ao que considera o mellor epitafio. No caso de que unha mesma persoa emita máis dun voto, considerarase unicamente o primeiro voto que leve o seu nome que se extraia da urna.
9º Concederanse dous premios de 10€ en vales para consumo na cafetería do instituto aos dous epitafios con máis votos antes o 31 de outubro.
Se queres, podes ver a seguinte presentación para inspirarte no teu epitafio!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario