22 de maio de 2023
Encontro con Eva Mejuto
16 de maio de 2023
Fernández del Riego, Letras Galegas 2023
O Día das Letras Galegas dedícase este ano a Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913-Vigo, 2010). O Departamento de Lingua e Literatura do centro quere honrar, como todos os anos, a figura homenaxeada coa elaboración dunha presentación didáctica que achegue a súa vida e a súa obra.
10 de abr. de 2023
Mario Brión, "Olaxonmario", padriño do Desafío galego 2023
O IES Concepción Arenal ofrece un obradoiro sobre creación cultural e dixital contemporánea en galego. A actividade está dirixida ao alumnado participante do Desafío galego co obxectivo de dar a coñecer as vantaxes e oportunidades que ofrece a creación dixital e cultural en lingua galega.
O padriño do Desafío galego 2023 e responsable de impartir o obradoiro é o youtuber Mario Brión, máis coñecido como "Olaxonmario", proposto aos premios Mestre Mateo 2023 na categoría de Mellor Comunicador e premiado no Certame Youtubeiras nos anos 2020 e 2021, así como co Premio Meendinho 2022 pola súa actividade de divulgación cultural galega na rede.
A actividade terá lugar o mércores 12 de abril, ás 11.20 h.no salón de actos do IES Concepción Arenal. As persoas que participen coñecerán a evolución da creación musical e audiovisual contemporánea en lingua galega así como os novos medios e soportes ofrecen para a creación en galego e difusión do contido, xunto cos certames e proxectos dispoñibles para a súa participación. Certame Youtubeiras, Podgalego, Twitter, Twitch...
274 alumnos do IES Concepción Arenal participan no Desafio galego
Do martes 11 ao venres 21 de abril terá lugar unha nova edición do Desafio galego. O curso pasado tivo unha grande acollida tanto no alumnado como no profesorado esta iniciativa promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Concepción Arenal, por iso decidimos realizala en 2023.
Nesta edición apuntáronse 274 alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos. Durante estes dez días o estudantado comprométese ao uso da lingua galega entre as persoas participantes e a galeguizar as redes sociais. Ademais son propostos uns obxectivos concretos para estenderen o idioma propio de Galicia a todos os ámbitos (escolar, familiar, virtual...). Para esta edición contaremos como padriño o youtuber Mario Brión, máis coñecido como "Olaxonmario". O mércores 12 ás 11.20h no salón de actos realizará un obradoiro sobre creación cultural e dixital contemporánea en galego denominado "Gallaecia Pop". O Desafio galego concluirá o venres 21 de abril cunha xornada de convivencia nas Fragas do Eume onde visitaremos o mosteiro de Caaveiro, un lugar privilexiado para comprendermos o vencello intrínseco entre a diversidade biolóxica e lingüística.
![]() |
| Dous dos carteis que visibilizan no noso centro o compromiso coa lingua do alumnado: arriba, un verso de Novoneyra; abaixo, unha frase de Castelao. |
Compromiso de participación
O Desafío galego é un proxecto de innovación educativa. As persoas participantes forman unha comunidade de aprendizaxe co obxectivo de soster durante dez días un espazo seguro para lingua. O alumnado acepta de xeito voluntario e responsable un novo acordo lingüístico que o converte nun axente activo a prol do galego. Do martes 11 ao venres 21 de abril comprométese a:
1. Levar unha pulseira identificativa.2. Empregar o galego en todo momento coas persoas participantes do Desafío galego.
3. Galeguizar as redes sociais (whatsapp, instagram, tiktok, twitter...) e divulgar contidos en galego (grupos de música, youtubeiros, filmes, publicacións, noticias...) co cancelo #DesafíoGalego.
13 de mar. de 2023
Nova edición do #DesafíoGalego
Do martes 11 ao venres 21 de abril terá lugar unha nova edición do #DesafíoGalego. Esta iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro tivo o curso pasado unha grande acollida no alumnado desde o principio até o remate, no inesquecible concerto de O Rabelo. Tal foi o éxito que este curso decidimos realizar unha nova edición.
Co #Desafío Galego marcáronse uns obxectivos concretos para estenderen o idioma propio de Galicia, tan neesitado de novos azos, a todos os ámbitos (escolar, familiar, virtual...). Trátase dun un reto que asume o alumnado voluntariamente. Durante dez días comprométese a usar a lingua galega e a galeguizar as súas redes sociais. O #DesafíoGalego concluirá o venres 21 de abril cunha xornada de convivencia no Parqque natural da Fragas do Eume onde será visitado o mosteiro de Caaveiro, fundado no século XII para acoller a relixiosos anacoretas, nun entorno paisaxístico incomparable.
28 de feb. de 2023
ALUMNADO PREMIADO NO CERTAME "POESÍA E IMAXE"
Xa temos gañadores e gañadoras do XXIII Certame POESÍA E IMAXE" en Galego sen filtro" no noso centro:
- Traballo colectivo de alumnado de 1º A ESO sobre o poema "Ollos", escrito pola mexicana Nadia López García (Tiaxiaco, Oaxaca, 1992) en mixteco, lingua indíxena de sur de México. Foi elaborado por María López Villar, Matilda Calvo Manso, Diego Barreiro Montero e Irene Piñón García.
LINGUA MIXTECA
NTUCHINUU
Me mayu kachi ñaa naan ntuchinuuu matsa ́nu.
ntakuiniyu nishikaa ntuchinui mini katsi ñaa nuni.
Keenchua ntisiniyu ña tsaakuña kuaku,
sansoo tsaakuña ta seei ncheei
ta kata,
ta skai cafe.
Nintakatuuñaa nuvaa ¿Sakunchuaku maa?
Kasha ña sicaso yuha inikó kuaku:
yeenu kanara
nchaa ́ka kuanu yuchaku.
Vichi kuñaa nikunta ini yuu
Vichi sika yucha iniyu
ra me ntuchinuu.
TRADUCIÓN: OLLOS
Miña nai di que teño os ollos da miña bisavoa,
lembro os seus ollos mentres limpaba millo.
Moitas veces vina chorar,
chorar cando cociñaba,
cando cantaba,
cando poñía café.
É certo, pregunteille, por que choras tanto mamá?
E ela dicíame, así, sen deixar de chorar:
porque nosoutras temos ríos dentro
e ás veces saen,
0s teus ríos aínda non medran,
pero pronto o farán.
Agora compréndoo todo,
agora teño ríos en min
e nos meus ollos.
- Antonio Toval Rodríguez de 2º G foi premiado pola súa obra inspirada nun fragmento do poema "Amar é a única forma de vida" de Biaggio Guerrera (Catania, 1965), escrito en siciliano.
LINGUA SICILIANA
Amari jè lúnica forma ri vita
manu, ucca
uci, bamminu
u munnu jè na cosa ca si tocca
isula, alivu
ventu, lumia
u munnu jè na cosa ca si ciauria
mari, cielu
nuvula, muntagna
rapemu i vrazza
taliamu luntanu
Tradución:
Amar é a única forma de vida
man, boca
voz, neno
o mundo é unha cousa que se toca
illa, oliveira
vento, limón
o mundo é unha cousa que se ole.
mar, ceo
nube, montaña
abramos os brazos
miremos ao lonxe
Parabéns aos artistas! Son dous traballos fermosísimos.
19 de feb. de 2023
Día de Rosalía 2023
O Día de Rosalía de Castro, a escritora máis emblemática das nosas letras, converteuse nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Até o ano pasado, celebrábase o 24 de febreiro, día do seu bautismo, mais a efeméride foi adiantada ao 23 de febreiro tras a aparición de nova documentación que desvelou a data real de nacemento. Nós celebramos os dous días.
23 de febreiro
No vestíbulo: proxección de vídeos e poemas musicados de fondo.
Nas aulas: vídeos, poemas musicados, lecturas, Kahoot…
24 de febreiro
No Salón de Actos: lecturas dos seus poemas a cargo do alumnado da ESO:
9.20 h. 1° ESO (Iolanda Vila)
10.30 h. 3° ESO (Marián Filgueiras)
11,20 h. 4° ESO (Noelia Engroba)
12.30 h. 2° ESO (Noelia Engroba)
- Negro caravel (Quíxente tanto meniña). Cristina Pato e Rosa Cedrón.
- Negro caravel. Sabela.
- Negro caravel. Sabela e Rosa Cedrón
- Negro caravel. Astarot.
- Campanas de Bastavales. Amancio Prada
- Paseniño, paseniño. Amancio Prada.
- Paseniño, paseniño. Uxía.
- Falares de amor (Por que miña almiña?). Uxía.
- Negra sombra. Cristina Pato e Rosa Cedrón
- Negra sombra. Luz Casal e Carlos Núñez
- Negra sombra. Astarot
- Negra sombra. Amancio Prada e Real Filharmonía de Galicia.
- Prá Habana. Amancio Prada
- Prá Hababa. Amancio Prada e Correiro de Oliveira
- Que pasa ao redor de min? Amancio Prada
- Que pasa ao redor de min? Ugia Pedreira
- Como chove miudiño. Amancio Prada
- Airiños, airiños aires. Astarot
- Airiños, airiños aires. Pucho Poedo e os Tamara
- Airiños, airiños aires. Carol Sospedra
- Adiós ríos, adiós fontes. Amancio Prada
- Adiós ríos, adiós fontes. Silvia Rábade e Carlos Tajes (Escuchando elefantes)
- Adiós ríos, adiós fontes. Astarot
- Maio longo. Amancio Prada
- Maio longo, maio longo. Uxía
- Cando era tempo de inverno. María Dolores Pradera e Amancio Prada
- Non che digo nada... Pero ¡vaia! Música: Juan Ramos. Voz: Carol Sospedra
- Mais o que ben quixo un día (Aló nas tardes serenas). Amancio Prada
- Mais o que ben quixo un día (Aló nas tardes serenas). Mínima Son
- Mais o que ben quixo un día (Aló nas tardes serenas). Blood Filloas
- Como chove miudiño. Uxía.
- Has de cantar. Uxía
- Alborada. Uxía
- Alborada. Carlos Núñez. (Alborada do Brasil)
- Alborada de Rosalía de Castro. Carapaus
- Miña Santina, miña santana. Uxía.
- Xan. Uxía
- A xustiza pola man. Grupo Nao.
- A xustiza pola man. Amancio Prada.
- Algúns din: Miña Terra! Amancio Prada e Marisa Paredes.
- Vamos bebendo. Martirio e Amancio Prada
- Un repoludo gaiteiro. Amancio Prada.
- Quen non xime? Amancio Prada.
- A grasia non era moita (Eu cantar cantar, cantei). Ses e Uxía.

Curtametraxe de animación con personaxes de plastilina inspirada nun conto orixinal de Manuel Murguía, “Un artista” (Madrid, 1853), publicado logo co título de “Ignotus” en Los Precursores (1886). Está baseado nunha historia que lle contou Rosalía ao seu marido. Dirección: Virginia Curiá e Tomás Conde. Guión: Daniel Domínguez. Música: Gastón Rodríguez. Produción: Algarabía Animación, Lúa Films e TVG. Ano: 2000. Un neno orfo consegue sobrevivir a fame negra de 1853 coa axuda de Rosalía.
ESTUDOS SOBRE A OBRA DE ROSALIA
- O tempo de Rosalía de Castro. AS-PG
- Estrutura de Cantares Gallegos. AS-PG
- Recepción da obra na época e vixencia na actualidade. AS-PG
OUTROS ENLACES:
- Manifesto de Carme Aldán para para a AELG no Día de Rosalía de Castro 2023.
- Presentación de "Estranxeira na súa patria" de Francisco Rodríguez.
- "Rosalía: en busca da biografía perdida". Conferencia de Mª Xesús Lama.
- Dez curiosidades sobre Rosalía. EDLG do IES Ramón Cabanillas
- Mulleres nas letras. De onte a hoxe. Rosalía de Castro
- Rosalía de Castro. Draw my life
- Cinco cousas que non sabías sobre Rosalía de Castro
28 de xan. de 2023
XXIII Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe "En galego sen filtro".
O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística convocan o XXIII Certame de Creación Artística POESÍA E IMAXE "En galego sen filtro", no que o alumnado elabora manifestacións artísticas visuais ou audiovisuais que reflictan diversos textos líricos da literatura universal.
Para a realización da obra o alumnado participante deberá escoller como motivo de inspiración unha de entre as propostas de textos da literatura universal ofrecidas polas entidades organizadoras. O autor ou a autora deberá indicar o texto seleccionado. No caso de optar á modalidade B (audiovisual), deberase indicar tamén o texto seleccionado. A autoría dos traballos presentados poderá ser individual ou colectiva.
As obras, no caso de participar na modalidade B (audiovisual) deberán:
- Empregar imaxes, vídeos, sons ou música orixinais ou extraídos dun banco de arquivos libre e non comercial.
- Ter unha duración máxima de 5 minutos, créditos incluídos.
- De aparecer menores, contar con autorización paterna, materna ou do titor/a legal.
Aquí hai un enlace ás normas de participación.
O certame está dirixido ao alumnado de todos os niveis do ensino non universitario
- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de Educación Primaria
- 4º/5º/6º de Educación Primaria
- ESO
- Bachareato e ciclos formativos
TEXTOS SELECCIONADOS
LINGUA SICILIANA
Amari jè l’unica forma di vita
manu, ucca
uci, bamminu
u munnu jè na cosa ca si tocca
.
isula, alivu
ventu, lumia
u munnu jè na cosa ca si ciauria
.
mari, cielu
nuvula, muntagna
rapemu i vrazza
taliamu luntanu
·
amari jè l’unica forma ri vita
Biagio Guerrera
man, boca
voz, neno
o mundo é unha cousa que se toca
·
illa, oliveira
vento, limón
o mundo é unha cousa que se ole.
·
mar, ceo
nube, montaña
abramos os brazos
miremos ao lonxe
·
amar é a única forma de vida
LINGUA PORTUGUESA
São duas crianças lindas
Mas são muito diferentes!
Uma é toda desdentada,
A outra é cheia de dentes...
Uma gosta de gelado
A outra gosta de quentes.
Uma tem cabelos longos,
A outra corta eles rentes.
Não queira que sejam iguais,
Aliás, nem mesmo tentes!
São duas crianças lindas,
Mas são muito diferentes!
Ruth Rocha
LINGUA CATALÁ
A poqueta nit
es perd estèril la bellesa
de tots els paisatges
perquè ningú no sap retindre-la
a les seues mans
Només la sensibilitat de certs ulls
fotografia amb sals de zinc en la memòria
els calius
Fernando Sabido Sánchez
Ao escurecer
pérdese esterilmente a beleza
de todas as paisaxes
porque ninguén sabe retela
entre as súas mans
Só a sensibilidade de certos ollos
fotografa con sales de cinc na memoria
as brasas
LINGUA ASTURIANA
Escribimos na llingua de la ñeve,
palabres blanques que caen na tierra
y nada semen nella, alpenes son
un falagu húmedu nos sos llabios secos,
un falagu namás y desfainse, bórrense.
Pablo Antón Marín Estrada
Escribimos na lingua da neve,
palabras brancas que caen ao chan
e nada sementan nela, apenas son
un afago húmido nos seus beizos secos,
un afago nada máis e desfanse, bórranse.
LINGUA ESTONIANA
Kui kirjutan,
karjatan sõnakuulmatuid sõnu
peaaegu võimatul nõlval
vaikuse kuru kõrval.
Doris Kareva
Cando escribo,
pastoreo palabras indómitas
nunha costa case imposíbel
no cavorco do silencio.
LINGUA GALEGA
Mira os avós.
Antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos...
pero devecen coma as follas sen zume.(...)
Os avós envellecen devagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos.
Ana María Fernández
LINGUA PERSA
Antes de ti e de min, noite e alba existían
e a celeste bóveda, fiel, o seu curso seguía.
calquera recuncho do mundo onde pos a túa planta
dunha fermosa doncela a pupila doe un día.
LINGUA MIXTECA (México)
NTUCHINUU
Me mayu kachi ñaa naan ntuchinuuu matsa ́nu.
ntakuiniyu nishikaa ntuchinui mini katsi ñaa nuni.
Keenchua ntisiniyu ña tsaakuña kuaku,
sansoo tsaakuña ta seei ncheei
ta kata,
ta skai cafe.
Nintakatuuñaa nuvaa ¿Sakunchuaku maa?
Kasha ña sicaso yuha inikó kuaku:
yeenu kanara
nchaa ́ka kuanu yuchaku.
Vichi kuñaa nikunta ini yuu
Vichi sika yucha iniyu
ra me ntuchinuu.
Nadia López García
OLLOS
Miña nai di que teño os ollos da miña bisavoa,
lembro os seus ollos mentres limpaba millo.
Moitas veces vina chorar,
chorar cando cociñaba,
cando cantaba,
cando poñía café.
É certo, pregunteille, por que choras tanto mamá?
E ela dicíame, así, sen deixar de chorar:
porque nosoutras temos ríos dentro
e ás veces saen,
0s teus ríos aínda non medran,
pero pronto o farán.
Agora compréndoo todo,
agora teño ríos en min
e nos meus ollos.
LINGUA GREGA
Тереземді осып өтсе жарқанат,
Қақырынып қояды бір қарғалар.
Ай қызарып тұмсығының ұшында,
Ит ұлиды, жел қарасын қармалап.
Қажып бітіп қараңғылық зілінен,
Қабырғалар күбірлесті түнімен.
Alcmán
TODO DORME NA NATUREZA
Dormen as montañas,
os cumes e os vales,
e outeiros e barrancos,
e o bosque, e cantos animais
a terra escura cría,
e as feras do monte,
e o enxame das abellas,
e os monstros nos fondos do mar purpúreo;
e dormen as bandadas
de aves de longas ás.
LINGUA CASTELÁ
: ¿Quién es Antígona dentro de esta escena y que
vamos a hacer con sus palabras?
: ¿Quién es Antígona González y qué vamos a hacer
con todas las demás Antígonas?
: No quería ser una Antígona
pero me tocó.
Sara Uribe
: Quen é Antígona dentro desta escena e que
imos facer coas súas palabras?
: Quen é Antígona González e que imos facer
con todas as demais Antígonas?
: Non quería ser unha Antígona
pñmais tocoume.
LINGUA CHINESA
Li Bai
Todos os paxaros levantaron o voo e marcharon;
unha única nube flota amodiño diante
Nosoutros nunca nos cansamos de mirarnos
só a montaña e eu.
lingua Me'phaa (México)
IXÈ
—Ajngáa lo’
mamidii nè ná idu iya, mastrakamijna nè gàjmàá ina, majne gúkú ne xó xtáya,
asndo majanu
mbi’i rí mataxii nè ixè —ni’tha xiñu’.
Hubert Matiúwàa
A ÁRBORE
A nosa lingua brotará
por sempre nos mananciais, pendurarase coas follas, escamarase nos talos
ata facerse árbore
dixo a avoa.
LINGUA ÉUSCARA
Hegoak ebaki banizkio nerea izango zen,
ez zuen alde egingo.
Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
eta nik...
txoria nuen maite.
Joxean Artze
Se eu lle tivese cortado as ás sería meu,
non escaparía.
Pero así,
deixaría de ser paxaro.
E eu...
eu o que amaba era o paxaro.
LINGUA QUÉCHUA
MUSUQ LLAQTANCHIK
Manaraq punchaw achikyachkaptinmi,
Urpikuna takiyninkunata qowanchik.
Llaqllaq urpipa taqratataq tuspasqanmi uyarikun
Chay sachapa puyukninmanta
Tapan rurasqanpi,
Pichinkuchapas sachan sachan pawakachachkaptin.
Kay urpikuna hinam
Ñuqanchikpas takiyta qallaykunchik
Kaqmanta llaqtanchikta wasichananchikpaq.
Nora Alarcón
Antes de que naza o día,
As aves dannos as súas melodías.
O peteirar sonoro dun peto
Óuvese desde el cénit dunha árbore
Cando constrúe o seu niño,
E un pardal salta de póla en póla.
Tamén nosoutros como estas aves
Comezamos a cantar
Para reconstruír o noso pobo.
LINGUA AIMARA
Pilpintux munañampiw kuns luri,
uraqinak munatapar qhachillayasa,
amuchanakan mirantat uñtayasinana,
ch’iwinakax chúxñat thuquñapataki
qhilli khumunakar jayllintayasa.
Clemente Mamani Laruta
As bolboretas fan con gusto a actividade,
facendo cóxegas caprichosamente á terra,
observando as envolturas que van florecer,
para facer bailar as sombras de verdor,
e facer cantar os resentidos.
Lingua croata
analogija propadanja tijela
i jesenskog propadanja
potpuna je
lišće se ponizno prepušta truljenju uvlačimo prste u meso
opipavajući puls ljeta
jabukama koje skladištimo u podrum još dugo poslije podnosit će studen koja prodire u staničja
a onda poput planeta
ući u vječnu orbitu oko zime
Monika Herceg
a analoxía da decadencia corporal e decadencia do outono
é total
as follas humildemente déixanse podrecer nós metemos os dedos na carne
sentindo o pulso do verán
nas mazás que imos gardando no soto
moito despois aturarán o frío
que penetra nas células
e logo coma un planeta
entrar nunha órbita eterna arredor do inverno
LINGUA CASACA
Тереземді осып өтсе жарқанат,
Қақырынып қояды бір қарғалар.
Ай қызарып тұмсығының ұшында,
Ит ұлиды, жел қарасын қармалап. Қажып бітіп қараңғылық зілінен,
Қабырғалар күбірлесті түнімен.
Akberen Yelgezek
Contra a miña xanela, ás de morcego baten,
Os corvos grallan.
A lúa acórase, pousada no fociño
dun can que ouvea e morde o vento da noite. Esgotado polo peso
da escuridade,
as paredes rosmaban unhas a outras.
LINGUA GALEGA
Vexo monstros alados escamas
da cor do sangue
que escintilan no escuro
das pupilas
acalemos a fera
que vela o soño
Alén de nós
habitan os dragóns
e tamén teñen medo.
Ana Varela
LINGUA PORTUGUESA
(Aniversario da irmandade con Vila do Conde)
ROMANCE DE VILA DO CONDE
Vila do Conde, espraiada
Entre pinhais, rio e mar... _
Lembra-me Vila do Conde,
Já me ponho a suspirar.
Vento norte, ai vento norte,
Ventinho da beira-mar,
Vento de Vila do Conde,
Que é minha terra natal!,
Nenhum remédio me vale
Se me não vens cá buscar,
Vento norte, ai vento norte,
Que em sonhos sinto assoprar... [...]
Fado. 1941
José Régio











