O que sempre se chamou e se segue a chamar Día de Defuntos, chamámolo agora, desde hai unhas tres décadas, Samaín. Esta palabra que procede do gaélico irlandés, Samhaim, significa "fin do verán". Trátase dunha milenaria celebración de orixe pagá que dalgún xeito seguiu arraigada en Galicia. Lástima que por culpa da adopción da versión norteamericana, Halloween, ficase xa case reducida a unha festa de disfraces, unha especie de entorilo macabro.
Co Samaín, os antigos celtas celebraban a transición do estío ao inverno na noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro. Segundo a tradición, esa noite o tempo queda abolido e o tránsito entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos é posible: os mortos, os heroes, e os deuses poden transitan polo noso mundo e os vivos podemos transitar polo alén.

Para a celebración do Samaín 2024, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Concepción Arenal organizou un concurso de vídeorrelato orais de medo. Está dirixido a alumnado de todos os cursos do noso centro, co obxectivo de incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua na creación e recreación de historias.
Presentaránse cun título e indicando autoría e o curso e grupo ao que se pertence.
Libre formato. Pode ser unha adaptación dunha historia xa existente, popular ou literaria, ou de creación propia. O relato oral do conto realizarase en vídeo. Pode presentarse un vídeo persoal no que as/os participantes se caractericen e/ou editen o vídeo mediante filtros, música, etc.; ou empregar o vídeo como material de apoio para o relato oral do conto por parte das/dos participantes.
DURACIÓN MÁX: 5 minutos.
PRAZO de PRESENTACIÓN: Antes do luns 21 de outubro.
ENTREGA: Enviar ao correo o correo do EDLG edlg.foradeportas@gmail.com
PREMIOS: Un único premio por categoría. (Vale 25€ material escolar)
CATEGORÍAS: Hai tres:
1º ESO e 2º ESO
3º ESO E 4º ESO
Bacharelato e Ciclos Formativos.