O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística convocan o XXIII Certame de Creación Artística POESÍA E IMAXE "En galego sen filtro", no que o alumnado elabora manifestacións artísticas visuais ou audiovisuais que reflictan diversos textos líricos da literatura universal.
Para a realización da obra o alumnado participante deberá escoller como motivo de inspiración unha de entre as propostas de textos da literatura universal ofrecidas polas entidades organizadoras. O autor ou a autora deberá indicar o texto seleccionado. No caso de optar á modalidade B (audiovisual), deberase indicar tamén o texto seleccionado. A autoría dos traballos presentados poderá ser individual ou colectiva.
As obras, no caso de participar na modalidade B (audiovisual) deberán:
- Empregar imaxes, vídeos, sons ou música orixinais ou extraídos dun banco de arquivos libre e non comercial.
- Ter unha duración máxima de 5 minutos, créditos incluídos.
- De aparecer menores, contar con autorización paterna, materna ou do titor/a legal.
Aquí hai un enlace ás normas de participación.
O certame está dirixido ao alumnado de todos os niveis do ensino non universitario
- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de Educación Primaria
- 4º/5º/6º de Educación Primaria
- ESO
- Bachareato e ciclos formativos
TEXTOS SELECCIONADOS
LINGUA SICILIANA
Amari jè l’unica forma di vita
manu, ucca
uci, bamminu
u munnu jè na cosa ca si tocca
.
isula, alivu
ventu, lumia
u munnu jè na cosa ca si ciauria
.
mari, cielu
nuvula, muntagna
rapemu i vrazza
taliamu luntanu
·
amari jè l’unica forma ri vita
Biagio Guerrera
man, boca
voz, neno
o mundo é unha cousa que se toca
·
illa, oliveira
vento, limón
o mundo é unha cousa que se ole.
·
mar, ceo
nube, montaña
abramos os brazos
miremos ao lonxe
·
amar é a única forma de vida
LINGUA PORTUGUESA
São duas crianças lindas
Mas são muito diferentes!
Uma é toda desdentada,
A outra é cheia de dentes...
Uma gosta de gelado
A outra gosta de quentes.
Uma tem cabelos longos,
A outra corta eles rentes.
Não queira que sejam iguais,
Aliás, nem mesmo tentes!
São duas crianças lindas,
Mas são muito diferentes!
Ruth Rocha
LINGUA CATALÁ
A poqueta nit
es perd estèril la bellesa
de tots els paisatges
perquè ningú no sap retindre-la
a les seues mans
Només la sensibilitat de certs ulls
fotografia amb sals de zinc en la memòria
els calius
Fernando Sabido Sánchez
Ao escurecer
pérdese esterilmente a beleza
de todas as paisaxes
porque ninguén sabe retela
entre as súas mans
Só a sensibilidade de certos ollos
fotografa con sales de cinc na memoria
as brasas
LINGUA ASTURIANA
Escribimos na llingua de la ñeve,
palabres blanques que caen na tierra
y nada semen nella, alpenes son
un falagu húmedu nos sos llabios secos,
un falagu namás y desfainse, bórrense.
Pablo Antón Marín Estrada
Escribimos na lingua da neve,
palabras brancas que caen ao chan
e nada sementan nela, apenas son
un afago húmido nos seus beizos secos,
un afago nada máis e desfanse, bórranse.
LINGUA ESTONIANA
Kui kirjutan,
karjatan sõnakuulmatuid sõnu
peaaegu võimatul nõlval
vaikuse kuru kõrval.
Doris Kareva
Cando escribo,
pastoreo palabras indómitas
nunha costa case imposíbel
no cavorco do silencio.
LINGUA GALEGA
Mira os avós.
Antes eran máis grandes,
máis altos,
máis anchos...
pero devecen coma as follas sen zume.(...)
Os avós envellecen devagar,
pero ninguén pode arrincarlles o sorriso,
porque gardan
o segredo do futuro,
máis alá dos seus ollos pequenos.
Ana María Fernández
LINGUA PERSA
Antes de ti e de min, noite e alba existían
e a celeste bóveda, fiel, o seu curso seguía.
calquera recuncho do mundo onde pos a túa planta
dunha fermosa doncela a pupila doe un día.
LINGUA MIXTECA (México)
NTUCHINUU
Me mayu kachi ñaa naan ntuchinuuu matsa ́nu.
ntakuiniyu nishikaa ntuchinui mini katsi ñaa nuni.
Keenchua ntisiniyu ña tsaakuña kuaku,
sansoo tsaakuña ta seei ncheei
ta kata,
ta skai cafe.
Nintakatuuñaa nuvaa ¿Sakunchuaku maa?
Kasha ña sicaso yuha inikó kuaku:
yeenu kanara
nchaa ́ka kuanu yuchaku.
Vichi kuñaa nikunta ini yuu
Vichi sika yucha iniyu
ra me ntuchinuu.
Nadia López García
OLLOS
Miña nai di que teño os ollos da miña bisavoa,
lembro os seus ollos mentres limpaba millo.
Moitas veces vina chorar,
chorar cando cociñaba,
cando cantaba,
cando poñía café.
É certo, pregunteille, por que choras tanto mamá?
E ela dicíame, así, sen deixar de chorar:
porque nosoutras temos ríos dentro
e ás veces saen,
0s teus ríos aínda non medran,
pero pronto o farán.
Agora compréndoo todo,
agora teño ríos en min
e nos meus ollos.
LINGUA GREGA
Тереземді осып өтсе жарқанат,
Қақырынып қояды бір қарғалар.
Ай қызарып тұмсығының ұшында,
Ит ұлиды, жел қарасын қармалап.
Қажып бітіп қараңғылық зілінен,
Қабырғалар күбірлесті түнімен.
Alcmán
TODO DORME NA NATUREZA
Dormen as montañas,
os cumes e os vales,
e outeiros e barrancos,
e o bosque, e cantos animais
a terra escura cría,
e as feras do monte,
e o enxame das abellas,
e os monstros nos fondos do mar purpúreo;
e dormen as bandadas
de aves de longas ás.
LINGUA CASTELÁ
: ¿Quién es Antígona dentro de esta escena y que
vamos a hacer con sus palabras?
: ¿Quién es Antígona González y qué vamos a hacer
con todas las demás Antígonas?
: No quería ser una Antígona
pero me tocó.
Sara Uribe
: Quen é Antígona dentro desta escena e que
imos facer coas súas palabras?
: Quen é Antígona González e que imos facer
con todas as demais Antígonas?
: Non quería ser unha Antígona
pñmais tocoume.
LINGUA CHINESA
Li Bai
Todos os paxaros levantaron o voo e marcharon;
unha única nube flota amodiño diante
Nosoutros nunca nos cansamos de mirarnos
só a montaña e eu.
lingua Me'phaa (México)
IXÈ
—Ajngáa lo’
mamidii nè ná idu iya, mastrakamijna nè gàjmàá ina, majne gúkú ne xó xtáya,
asndo majanu
mbi’i rí mataxii nè ixè —ni’tha xiñu’.
Hubert Matiúwàa
A ÁRBORE
A nosa lingua brotará
por sempre nos mananciais, pendurarase coas follas, escamarase nos talos
ata facerse árbore
dixo a avoa.
LINGUA ÉUSCARA
Hegoak ebaki banizkio nerea izango zen,
ez zuen alde egingo.
Bainan, honela
ez zen gehiago txoria izango
eta nik...
txoria nuen maite.
Joxean Artze
Se eu lle tivese cortado as ás sería meu,
non escaparía.
Pero así,
deixaría de ser paxaro.
E eu...
eu o que amaba era o paxaro.
LINGUA QUÉCHUA
MUSUQ LLAQTANCHIK
Manaraq punchaw achikyachkaptinmi,
Urpikuna takiyninkunata qowanchik.
Llaqllaq urpipa taqratataq tuspasqanmi uyarikun
Chay sachapa puyukninmanta
Tapan rurasqanpi,
Pichinkuchapas sachan sachan pawakachachkaptin.
Kay urpikuna hinam
Ñuqanchikpas takiyta qallaykunchik
Kaqmanta llaqtanchikta wasichananchikpaq.
Nora Alarcón
Antes de que naza o día,
As aves dannos as súas melodías.
O peteirar sonoro dun peto
Óuvese desde el cénit dunha árbore
Cando constrúe o seu niño,
E un pardal salta de póla en póla.
Tamén nosoutros como estas aves
Comezamos a cantar
Para reconstruír o noso pobo.
LINGUA AIMARA
Pilpintux munañampiw kuns luri,
uraqinak munatapar qhachillayasa,
amuchanakan mirantat uñtayasinana,
ch’iwinakax chúxñat thuquñapataki
qhilli khumunakar jayllintayasa.
Clemente Mamani Laruta
As bolboretas fan con gusto a actividade,
facendo cóxegas caprichosamente á terra,
observando as envolturas que van florecer,
para facer bailar as sombras de verdor,
e facer cantar os resentidos.
Lingua croata
analogija propadanja tijela
i jesenskog propadanja
potpuna je
lišće se ponizno prepušta truljenju uvlačimo prste u meso
opipavajući puls ljeta
jabukama koje skladištimo u podrum još dugo poslije podnosit će studen koja prodire u staničja
a onda poput planeta
ući u vječnu orbitu oko zime
Monika Herceg
a analoxía da decadencia corporal e decadencia do outono
é total
as follas humildemente déixanse podrecer nós metemos os dedos na carne
sentindo o pulso do verán
nas mazás que imos gardando no soto
moito despois aturarán o frío
que penetra nas células
e logo coma un planeta
entrar nunha órbita eterna arredor do inverno
LINGUA CASACA
Тереземді осып өтсе жарқанат,
Қақырынып қояды бір қарғалар.
Ай қызарып тұмсығының ұшында,
Ит ұлиды, жел қарасын қармалап. Қажып бітіп қараңғылық зілінен,
Қабырғалар күбірлесті түнімен.
Akberen Yelgezek
Contra a miña xanela, ás de morcego baten,
Os corvos grallan.
A lúa acórase, pousada no fociño
dun can que ouvea e morde o vento da noite. Esgotado polo peso
da escuridade,
as paredes rosmaban unhas a outras.
LINGUA GALEGA
Vexo monstros alados escamas
da cor do sangue
que escintilan no escuro
das pupilas
acalemos a fera
que vela o soño
Alén de nós
habitan os dragóns
e tamén teñen medo.
Ana Varela
LINGUA PORTUGUESA
(Aniversario da irmandade con Vila do Conde)
ROMANCE DE VILA DO CONDE
Vila do Conde, espraiada
Entre pinhais, rio e mar... _
Lembra-me Vila do Conde,
Já me ponho a suspirar.
Vento norte, ai vento norte,
Ventinho da beira-mar,
Vento de Vila do Conde,
Que é minha terra natal!,
Nenhum remédio me vale
Se me não vens cá buscar,
Vento norte, ai vento norte,
Que em sonhos sinto assoprar... [...]
Fado. 1941
José Régio