Ficha desta
película galega de animación
nominada ao premio GOYA 2014:
Título orixinal: O Apóstolo
Ano: 2012
Duración: 72 min.
Director e
guionista: Fernando
Cortizo
Música: Xavier Font e Arturo Vaquero
Fotografía: Matthew Hazelrig
Productora: Artefacto producciones
Xénero: Animación. Fantástico. Intriga. Terror |
Web Oficial: http://www.oapostolo.es/
|
O martes, 17 de decembro, o alumnado de primeiro de bacharelato asistiu á
proxección do filme O Apóstolo no cine Dúplex de Ferrol. A actividade
estaba organizada polo Equipo de Normalización Lingüística.
A película conta unha historia de misterio ambientada no Camiño de
Santiago. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, peculiares sacerdotes...
conflúen nunha trama chea de suspense e intriga.
Considérase a primeira película de animación stop-motion estereoscópica de
Europa...
Así a ollaron desde a butaca os nosos alumnos.
RECENSIÓNS Á PELÍCULA “O APÓSTOLO”
1º BACHARELATO D
Andrea Durán: Impresionoume que fixeran unha película de temática tan complexa con plastilina.
Iria Rodríguez: O protagonista actuaba como unha persoa excesivamente inocente. Non tiña
moita credibilidade.
Carlos R.: Unha obra escura e hipnotizante, disfrazada dun conto infantil.
Yolanda Lage: Non me esperaba que un pobo tan, aparentemente, tranquilo ocultase tantos segredos.
Lara Sanesteban: Tema impactante, non me esperaba a trama da Santa Compaña con ese título.
María García: Tema de interese sobre os mitos galegos e os seus rituais.
Tamara Meizoso: Gustoume que enfocase a fe cristiá desde un punto de vista diferente, tétrico e místico.
Sofía Loureiro: Obra aparentemente sinxela e infantil, pero sorprendentemente elaborada.
Francisco Núñez: Boa película, causoume impresión a mentalidade e personalidade do arcipreste.
Ten un tema acertado, no que se relaciona con Galicia.
Paula García: Aparentemente sinxela, pero unha gran historia.