- A obra trata dunha profesora que lles conta aos seus alumnos como fora de pequena a durmir cuns amigos para esquecer a morte dun profesor que se sacrificara por eles. Pola noite soñan que están noutra época e cada un fala con personaxes históricos como un monxe, un irmandiño, una meiga... Este soño axúdalles a decidir o que queren facer na vida e que é o que lle gusta a cada un. Na miña opinión é una obra estraña en canto ao argumento, pero está ben, sen facerlle una crítica moi moi positiva. Lois Rico Ocampo. 1º de Bach. B
- A obra de teatro non me gustou moito, porque a trama non tiña moito sentido, porque falaban en galego-español, o son era un pouco malo…. Raúl Ferrández Bellas. 1º de Bach. B
- Outra das xeniais obras do Grupo de teatro Tixuca do IES Carballo Calero. Foi una actuación moi entretida de comezo a fin. Aínda que ao principio non é nada claro o tema a tratar, pouco a pouco preséntase a excursión feita no pasado polos protagonistas e as consecuencias desa viaxe, pasando pola historia das Fragas do Eume e expresando con emotividade o noso rico pasado cheo de fauna, flora, frades, rebeldes, loitadores, bruxas…
- Os actores parecéronme moi profesionais e sobre todo amantes do teatro. En conclusión, una moi boa experiencia grazas ao traballo dos artistas. Sara Silvar Prieto. 1º de Bach. B.
- Unha obra divertida e, ademais, ambientada na actualidade, engancha. Raquel Barro Merlán. 1º de Bach. G
- Unha obra entretida que se podería explotar un pouco máis. André Couce Vieira. 1º de Bach. G
- A obra do venres estivo interesante, un vocabulario axeitado. Para min, estivo DPM. Téñenos que levar a ver máis obras así. É algo diferente e a min, polo menos, gústame. Sheila López Graña. 1º de Bach. G
- Na miña opinión, para a idade e o percorrido dos actores e actrices, a obra estivo ben interpretada e escenificada. Aínda que houbo instantes de aburrimento. Abril Meizoso. 1º de Bach. G
- A obra representada polo alumnado do Carballo Calero o venres pareceume bastante entretida, e non se me fixo nada pesada. Na miña opinión os personaxes tiñan moita personalidade, a trama era moi orixinal, ademais de que os actores fixeron moi ben o seu traballo. Sabela Mato Gómez . 1º de Bach. G
- A obra estivo moi ben interpretada, e máis contando coa pouca experiencia do alumnado que a representaba. Baixo o meu punto de vista, a historia era bastante aburrida, pero os actores déronlle certa graza. Marina García Canedo. 1º de Bach. G
- Pareceume unha obra moi simpática porque os actores fixérona moi amena. Gustoume moito a interpretación. Alba Mª Santamariña Fortuna. 1º de Bach. G
Logo do grupo de teatro TIXUCA (Teatro
Independente da Xuventude de Caranza).
|