0 martes 9 de outubro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega
(EDLG) levou a 57 alumnos e alumnas de
bacharelato (1ºC e 1ªG) a unha Visita guiada polo centro histórico de Ferrol, un
servizo que o Concello pon a disposición dos cidadáns con carácter gratuíto. As
profesoras Belén Castelao e Ana Vizoso acompañaron a visita guiada pola mañá e,
pola tarde, foron Belén Roca e Ana Dopico as encargadas.
A actividade tivo como
obxectivo que o alumnado coñecese de que xeito a nosa cidade estivo na vangarda
do compromiso cos movementos socio-económicos, políticos, culturais e
lingüísticos no primeiro terzo do século XX.
. |
Belén Roca (no centro, con gafas) con alumnos e alumnas do centro. Foto: Ana Dopico. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario