30 de mar. de 2022

Aurora Marco no IES Concepción Arenal

Aurora Marco na biblioteca do noso centro
O oito de marzo foi xornada de conmemoración: celebrouse o Día Internacional da Muller. O día anterior, o luns día 7, contamos coa presenza na nosa biblioteca da ensaísta Aurora Marco, que veu var unha charla ao alumnado de 4º da ESO sobre o seu libro Irmandiñas.  Aurora, é autora de diversas publicacións que buscan recuperar, visibilizar, valorizar e homenaxear mulleres que a historia oficial, tan androcéntrica ela, oculta, escurece e discrimina sistematicamente.

Nesta liña están:

·      As precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936), 1993, La Voz de Galicia.

·      Mulleres e educación en Galiza. Vidas de mestras, 2002, Edicións do Castro.

·      Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975, 2007, Edicións A Nosa Terra.

·      Mulleres na guerrilla antifranquista galega, 2011, Laiovento.

·      Elas, 2015, A Xanela Editorial.

 

O seu libro Irmandiñas, publicado por Laiovento en 2020, céntrase na presenza das mulleres no movemento galeguista xerado a partir das Irmandades da Fala (1916-1936), cuxas vidas e obras ficaron sumidas na sombra.

12 de mar. de 2022

Encontro con Antón Cortizas

O xoves 24 de febreiro contamos de novo coa presenza de Antón Cortizas. Veu á nosa biblioteca para falar da súa novela Leonel co alumnado de 1º da ESO, que está a ler o libro. 

Antón (Ferrol, 1954), ademais de mestre e escritor de literatura infantil e xuvenil, é tamén un experto en actividades lúdicas e didácticas: investiga xogos tradicionais, fai sombras chinescas, papiroflexia, etc. 

Ao remate da charla, guiou aos rapaces na confección dun avión de papel coa técnica da papiroflexia, manualidade que consiste en facer figuras decorativas de papel simplemente dobrándoo, sen cortalo nin pegalo.

O acto foi organizado polo Departamento de Lingua e e Literatura Galega e o EDLG en colaboración coa Biblioteca do centro Saturnino Hermida.









11 de mar. de 2022

ENTREGA DE PREMIOS DO #DESAFÍO GALEGO


Hoxe no primeiro recreo entregáronse no Salón de actos os premios dos concursos de redacción e de vídeos do #Desafío Galego. Repartíronse douscentos euros e uns agasallos entre os galardoados (arriba na foto).
Agasallos para os gañadores

Mellores vídeos:

-   Zaharat Essafae Mouane (1º C bach.)

-   Antía Evia Soto (1º H bach.)

 

Mellores redaccións:

-   Cecilia González Alvariño (1º A)

-   Emanuel Castillo Landázuri (1º B bach.)

-   Noa Cortizas Fernández (1º G bach.)

-   Antía López Martínez (2º A bach.)

-   Alejandro Lamas Martínez (2º B bach.)

-   Manuel Dopico Caneiro (2º C bach.)

-   Laura Álvarez Chaos (2º F bach.)

-   Andrea Pena Ramón (2º H bach.)

 

Parabéns de novo!!! 




9 de mar. de 2022

ALUMNADO PREMIADO NOS CONCURSOS DE VÍDEOS E DE REDACCIÓNS DE #DESAFÍO GALEGO


Hoxe, 9 de febreiro, ás 10.10 h., reuniuse o xurado no Departamento de Lingua Galega e Literatura para elixir os gañadores dos concursos de vídeos e de redaccións do #Desafío Galego.

 

0s 200 euros do premio foron repartidos entre dez dos concursantes. 

 

Mellores vídeos:

-   Zaharat Essafae Mouane (1º C bacharelato)

-   Antía Evia Soto (1º H bacharelato)

 

Mellores redaccións:

-   Cecilia González Alvariño (1º A)

-   Emanuel Castillo Landázuri (1º B bacharelato)

-   Noa Cortizas Fernández (1º G bacharelato)

-   Antía López Martínez (2º A bacharelato)

-   Alejandro Lamas Martínez (2º B bacharelato)

-   Manuel Dopico Caneiro (2º C bacharelato)

-   Laura Álvarez Chaos (2º F bacharelato)

-   Andrea Pena Ramón (2º H bacharelato)


PARABÉNS A TODAS E A TODOS!!!

8 de mar. de 2022

Oito de marzo. Día da Muller


En pleno século XXI, os dereitos das mulleres seguen a ser cuestionados. Cada 25 de Novembro e cada 8 de Marzo, os movementos feministas mobilízanse nunha xornada de conmemoración, por un lado, e de loita, por outro.

O feminismo é un movemento social que loita pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres en todos os ámbitos: social, político, laboral... Procura concienciar a sociedade ante a alarmante situación de violencia, dominación e opresión exercida polo patriarcado. O feminismo non é, como moitos cren, o reverso do machismo, a loita por favorecer os dereitos femininos por enriba dos masculinos. 

Achegamos unha presentación que fixemos no ano 2018 para conmemorar o Día da Muller. Nela se relata o longo e duro proceso da conquista de dereitos das mulleres, proceso que, obviamente, non está rematado. 

En pleno século XXI, os dereitos das mulleres seguen a ser cuestionados. O feminismo é un movemento social que loita pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres en todos os ámbitos: social, político, laboral... Procura concienciar a sociedade ante a alarmante situación de violencia, dominación e opresión exercida polo patriarcado. O feminismo non é, como moitos cren, o reverso do machismo, a loita por favorecer os dereitos femininos por enriba dos masculinos. É  un movemento de loita contra a discriminación e desigualdade. 

Achegamos unha presentación que fixemos no ano 2018 para conmemorar o Día da Muller. Nela se relata o longo e duro proceso da reivindicación e conquista de dereitos das mulleres, proceso que, obviamente, está moi lonxe de darse por rematado.  

Parabéns a todas!