Carvalho cunha alumna do colexio Fingoi (Lugo) vestida para unha obra de teatro. |
Naquela ocasión, dúas alumnas que non esquecemos, as irmás Lara e Noa Castro, leron marabillosamente tres poemas de don Ricardo: "Ai, as preguntas" (do libro Pretérito Imperfeito, 1980), "Ferrol, 1916" (de Futuro condicional, 1961- 1980) e "Calquer lugar é bo para morrer" (de Cantigas de amigo e outros poemas, 1980- 1985). Aquelas lecturas contaron co apoio audiovisual dunhas presentacións que foron elaboradas polo ENL do noso centro. Non temos aquí as fermosas voces de Lara e Noa, pero aquelas presentacións, agora pasadas a vídeo, podédelas ver a continuación.