|
Rosalía, con fermoso cabelo azul, debuxada
por Teo Rodríguez Ramos, un alumno do centro. |
Tal día como hoxe, un
24 de febreiro de 1837, ‒hai 182 anos‒ naceu nunha casa
do Camiño Novo en Compostela (daquela Concello de Conxo) unha
rapaciña que no seu semiclandestino bautizo no Hostal dos Reis Católicos ficou rexistrada
como “María Rosalía Rita, hija de padres
incógnitos”. Como ían imaxinar seus pais, unha fidalga solteira e un
crego, que esa nena froito do “pecado” (como eran daquela!) ía se converter co tempo na galega máis universal, a galega máis célebre,
máis admirada e máis amada de todos os tempos?
Rosalía de Castro está de aniversario, e no IES Concepción Arenal
quixemos celebralo. E homenaxeámola con versos e con flores.
O acto, que denominamos "Un libro, un caravel" foi organizado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca.
|
Alumnos lectores obsequiados cunha flor. |
|
Na imaxe, os afortunados no sorteo de tres libros de Rosalía, Cantares Gallegos. |
|
Os caraveis obsequiados, ledas e variadas cores. |