1º A ESO
![]() |
No aeroporto de Porto esperando embarcar rumbo a Paris!
|
Viaxe a Normandia (Francia) do 6 ao 10 Marzo do 2013
A viaxe a Normandia foi fantástica. Todos o pasamos xenial, coñecemos nenos doutros países (Francia, Turquia, Estonia, Italia), aprendemos moito sobre a auga, que é o tema do proxecto, e visitamos sitios moi bonitos.
O primeiro día, mércores 6 de Marzo, saímos do Instituto ás 5:00 h. da mañá, xa que o noso voo saía sobre as 11:00 do Porto, destino París.
Alí esperamos o autobús que nos levou a unha pequena cidade, moi bonita, preto de Rouen, Grand Quevilly, onde chegamos ás 19:00 h.
![]() |
Por fin en París… esperando o autobús cara a Grand-Quevilly.
|
Visitamos o colexio ao día seguinte, xoves 7, onde fixemos moitas actividades cos nosos compañeiros de proxecto (Estonia, Turquía, Italia e Francia): talleres de música, películas, incluso circo!
![]() |
Á entrada do Instituto, coas compañeiras italianas
|
O terceiro día, presentamos os nosos traballos sobre a auga: xogos de mesa (Pingüin 007, o Xogo da Gota de Auga) e expuxemos todo o traballo que realizamos no curso. Ese día comemos nun centro de formación profesional, para futuros “chefs”, típica comida francesa, que estaba riquísima.
![]() |
Os brancos Cantís de Étretat, no Sena Marítimo, co seu famoso "Ollo de agulla", que tan ben pintara Claude Monet. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario