24 de maio de 2021
9 de maio de 2021
Xela Arias. Vida e obra.
PRESENTACIÓN EN LEMBRANZA DA POETA XELA ARIAS, LETRAS GALEGAS 2021.
12 de maio de 2020
Recitado "Carvalho Calero" 2019
O 30 de outubro de 2019 na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, un ano máis, e para rematar o ciclo de Teatro con G, centros da comarca, levando a cabo variadas performances, recitaron versos de don Ricardo Carvalho Calero.
Participaron,
nesta orde, o Colexio Ludy, Cpi Atios, Cristo Rey, IES Saturnino Montojo, IES Canido, IES
Sofía Casanova, IES
Carballo Calero,
e, rematando o acto, o noso centro, o IES Concepción Arenal (minuto 46.33').
O recitado, con
posturas plásticas colectivas, foi levado
a cabo polo grupo do alumnado de Artes Escénicas
do centro, dirixido por
Belén
Roca. Recitaron composicións que fixeron con
versos de Carvalho, agás o último poema que é "María
Silencio“.
Achegamos ese fermoso poema botando man da páxina 17 do monográfico que fixemos en 2014 sobre ilustre escritor e profesor.
Achegamos ese fermoso poema botando man da páxina 17 do monográfico que fixemos en 2014 sobre ilustre escritor e profesor.
As pitas baixo a choiva
A Coordenadora de
Equipas de Normalización
Lingüística
de Ferrolterra fíxonos
chegar o enlace a un
amplo e moi interesante
proxecto
pensado para alumnado
infantil relacionado con Ricardo Carvalho Calero, Letras
Galegas 2020.
Moitos
dos grandes e diversos proxectos que
a Asociación
tiña
proxectado
para este tan
desexado
maio -por fin
o profesor
e intelectual ferrolán
era homenaxeado!-, non
se puideron
levar a cabo dadas as excepcionais circunstancias motivadas pola
pandemia do COVID-19.
Hai un
ano naceu
a idea
de “As
Pitas Baixo a Choiva”. O
relato de Carvalho Calero,
breve, entrañable
e destinada ao público infantil, foi publicado por vez primeira en
1952 na revista Lar. En
2008, Edicións Embora fixo
unha edición–agora
reeditada – coas grafías
do texto orixinal
e engadindo
fermosas
acuarelas
de Alberto Toval.
A peza
teatral de Pepablo Patinho baseada
no relato de Carvalho As
pitas baixo a choiva estreouse
con
músicos ao vivo o pasado
23 de febreiro
e tivo
un
enorme éxito.
Pero a publicación
e difusión
do paquete integrado polo relato ilustrado de Carvalho Calero,
o CD coa música e a Unidade Didáctica
quedou no ar...
O
CENL de Ferrolterra,
de acordo con Edicións Embora decidiron
compartir de balde todo este material audiovisual a través dunha
plataforma creada
coa finalidade de que poida ser
difundida como se merece.
11 de maio de 2020
Vieiros de esperanza
Coa finalidade
de divulgar a figura do escritor, lingüista e profesor Ricardo Carvalho
Calero
do homenaxeado no Día das Letras Galegas, achegamos o documental Vieiros
da esperanza (2014) do realizador ferrolán
Antón Rodríguez. A obra formou parte do Traballo de Fin de Grao en
Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña e Antón Rodríguez contou
coa colaboración técnica de Javier
Gómez e Sergio
Arango.
A
peza audiovisual percorre, en 48 minutos de duración, diferentes etapas vitais
de Carvalho
e contén achegas de numerosas persoas que tiveron contacto con el ou estudaron
a súa traxectoria profesional: Darío Villanueva, Xesús Alonso
Montero,
Víctor
Freixanes,
Araceli
Herrero,
Francisco Rodríguez e Xosé María Dobarro.
7 de ago. de 2019
Tres poemas de Carvalho Calero
![]() |
| Carvalho cunha alumna do colexio Fingoi (Lugo) vestida para unha obra de teatro. |
En 2010 celebrouse o centenario do nacemento de Ricardo
Carvalho Calero. Na Homenaxe que daquela tivo lugar no centro cultural ferrolán que
leva o seu nome, nun acto organizado polo Concello e a Coordenadora de Equipas
de Ferrolterra, o noso instituto colaborou cunha actividade que agora queremos
rescatar en lembranza do ilustre escritor, por fin homenaxeado nas
Letras Galegas do vindeiro ano.Naquela ocasión, dúas alumnas que non esquecemos, as irmás Lara e Noa Castro, leron marabillosamente tres poemas de don Ricardo: "Ai, as preguntas" (do libro Pretérito Imperfeito, 1980), "Ferrol, 1916" (de Futuro condicional, 1961- 1980) e "Calquer lugar é bo para morrer" (de Cantigas de amigo e outros poemas, 1980- 1985). Aquelas lecturas contaron co apoio audiovisual dunhas presentacións que foron elaboradas polo ENL do noso centro. Non temos aquí as fermosas voces de Lara e Noa, pero aquelas presentacións, agora pasadas a vídeo, podédelas ver a continuación.
Etiquetas:
Carvalho Calero,
EDLG,
Ferrol 1916,
poesía
3 de maio de 2019
24 de feb. de 2019
Día de Rosalía
![]() |
| Rosalía, con fermoso cabelo azul, debuxada por Teo Rodríguez Ramos, un alumno do centro. |
Rosalía de Castro está de aniversario, e no IES Concepción Arenal quixemos celebralo. E homenaxeámola con versos e con flores.
O acto, que denominamos "Un libro, un caravel" foi organizado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca.
![]() |
| Alumnos lectores obsequiados cunha flor. |
![]() |
| Na imaxe, os afortunados no sorteo de tres libros de Rosalía, Cantares Gallegos. |
![]() |
| Os caraveis obsequiados, ledas e variadas cores. |
14 de xan. de 2019
V Certame literario "Carmela Loureiro"
O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística
de Ferrolterra (CENL) convocaron o V Certame literario "Carmela
Loureiro" como homenaxe a unha muller, profesora en Ferrolterra,
presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á lingua
e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor
anónimo e xeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do
idioma entre a mocidade.
Na fase interna do certame resultaron premiados
os seguintes traballos:
1º CICLO----------------------------------------------------------------------------------------------------
MICROPOESÍA
AMOR?
Non te quero, non te amo,
déixame en paz,
Non me pegues,
non me mates,
déixame vivir!
Cortándome as
veas, eu morro,
el contento.
Alejandra
Fernández Armada, 1ºA ESO
MICRORRELATO
“A VILA DO NECESITADO”
Largou a fume de carozo daquel lugar. Como o atoparan? Non podía
seguir fuxindo toda a vida, iso tíñao claro, pero, que faría? Xa estaba
escurecendo, e, sorprendentemente atopou un bo sitio onde esconderse...quedou
durmido... Espertou algo canso e mareado, algo normal, porque o día anterior
correra media maratón.
Cando se ergueu, mirou ao seu redor, e quedou asombrado. Xa non
estaba no bosque... estaba ás portas dunha pequena aldea.
-Estou tolo -pensou– Estou remotamente tolo.
Pero non, a uns metros de alí había un home, ao que lle
preguntou:
- Perdoa, onde estamos?
Ao que este contestou:
- Este non é un sitio calquera, aquí só veñen os que o precisan. Se quedas levará unha vida tranquila, pero cunha condición. se entras, non poderás volver saír....
- Este non é un sitio calquera, aquí só veñen os que o precisan. Se quedas levará unha vida tranquila, pero cunha condición. se entras, non poderás volver saír....
“MALDITA ESTRADA”
Largou a fume de carozo daquel lugar, non tiña moi bos
pensamentos; estaba no seu coche e viu algo moi estraño, unha persoa. Naquela
estada na metade da nada onde non había civilización ningunha... unha nena
pequena estaba descalza, o boneco e o pixama cheo de sangue...
Virouse, liscou e arrincou o coche a todo gas. Pasaron as
horas... Chegou á casa... Eran as tres e trinta e tres da madrugada!!
Moita xente dicía que a esa hora algo maldito pasaba nos
arrabaldes da vila. Saíu do coche con tino. Ela sempre lles daba creto aos
contos. De súpeto, escoitou un berro, viña das entrañas da casa...
Non vivía con ninguén... Quedou paralizada, até que viu a
rapaza de antes saír da súa casa, achegouse e díxolle: “Nunca debiches irte...”
Botouse a chorar e dende entón o crime segue aberto...
A seguinte serás ti...
Ariana
Domínguez Fernández. 2ºA ESO
2º CICLO ----------------------------------------------------------------------------------------------------
"QUERÍAN QUE VOASE CON ELES..."
Querían que voase con eles.
O que non
sabían era
que eu xa estaba no ceo.
Nayla
Abeal Fernández. 3ºC ESO
MICRORRELATO
“FUXIDA”
Largou a fume de carozo daquel lugar, o vestido arrastraba polo
chan e non lle deu tempo a sorrir. As campás xa soaban e o cardado perdera
volume, só os bos perfumes seguían a cheirar. Ao noivo saíanlle as bágoas. De
súpeto entrou a alegría e o alivio, non soaba música nin había noiva, pero a
felicidade era inmensa.
Martina
Ameneiros Barreira. 3ºC ESO
BACHARELATO ---------------------------------------------------------------------------------------------
MICROPOESÍA
"O BURATO"
Camiño por un burato negro,
estou asustada e perdida,
non lembro nada, todo está escuro,
levo moito tempo, non atopo o final!
Teño morriña, quero saír!
Este é o final, pero… non é o meu lar.
Mercedes
Castro Freijomil 1ºA bach
"AS MELODÍAS"
Fannos ser como somos
os bailes da vida.
Podes bailar
ou quedo podes quedar.
Non o saberás
ata que empeces a bailar.
Candela
Torrente López. 1ºD bach
"LEMBRA"
Cara adiante, si, camiña, mais de vez en cando vira; vira
e lembra,
lembra os mortos, os feridos, os que levan no corpo
cicatrices
lembra os ledos, canfurneiros, cantareiros, satisfeitos e
por que non, fachendosos
lembra ós teus; lembra ós alleos
cara adiante, si, camiña; acouga de vez en cando
sen esquecer que lembrando, adiantamos, camiñando
"A GAIOLA"
Teño
medo.
Non sei como saír de aquí.
Podo morrer
ou podo vivir.
Non sei en que pensaba
cando quixen entrar aquí.
Laura Candal
Marcos. 1ºF bach.
MICRORRELATO
"TODO
REMATOU..."
Largou
a fume de carozo daquel lugar.
O
corazón latexáballe a mil por hora, as pernas xa non lle daban máis de si, e
das mans pingáballe unha mestura de suor e sangue.
Miraba
cara atrás constantemente, pero a rúa seguía baleira.
Sentou
nun banco no medio dun parque a respirar, e un milleiro de imaxes apiñábanse na
súa mente; o son do coitelo rompendo a pel, o líquido vermello brotando da
ferida aberta... agora todo rematara, porén, a sensación de afogar non cesaba,
e non puido evitar cravar o coitelo, aínda na súa man, no máis fondo do seu
peito.
Agora
si que todo rematou...
Mirou
cara ao ceo e os últimos anos de vida pasaron por diante dos seus ollos. Os
berros, os golpes, as malleiras... pero agora el estaba morto, e axiña ela tamén
o estaría, só pensaba non atopalo no ceo...
Raquel Sánchez
Tuero. 1º C bach.
“EPIFANÍA”
Larguei
a fume de carozo daquel lugar! Xa o sei, non era o correcto pero a idea de ser
pai adolescente tomoume por sorpresa, non podía pensar, así que marchei. Entrei
na cafetaría da rúa Real. Sentei e comecei a mirar ao meu arredor para fuxir
dos meus pensamentos e entón vina, unha nena cun vestidiño e cuns zapatiños de
charón, ollándome fixamente. Un home chamouna dende a porta, ela sorriume e
coma unha fantasma tomou a súa man e marcharon xuntos. Nese momento souben o
que tiña que facer, volvín sobre os meus pasos e atopeina nun banco chorando,
sentei ao seu carón, puxen a man sobre a súa barriga e díxenlle:
‒ Será a nena máis
fermosa do mundo!
Miroume, sorriu e
fun o home máis feliz do mundo.
Ángel Novo
Barro, 1ºD bach
Etiquetas:
Carmela Loureiro,
micropoema,
microrrelato,
premio
12 de xan. de 2019
Excursión Santiago- Soutomaior- Pontevedra
![]() |
| "A derradeira leición do mestre" (1945) |
O día
30 de outubro e acompañados polos profesores Belén Castelao, Manuel Rei,
Fernando R. Lamela, Cecilia Vigo e Ana Dopico, 90 alumnos de Segundo de
Bacharelato do noso centro foron de excursión por Compostela, Soutomaior e
Pontevedra, no marco dunha actividade organizado polo EDLG: "O escritor e a súa terra".
A
visita tivo unha tripla finalidade: homenaxear os escritores Mª Vitoria Moreno e Antón Fraguas (Letras Galegas 2018 e 2019, respectivamente), empregar a lingua
galega e coñecer a realidade lingüística da cidade de
Pontevedra. Despois da recepción por parte do alcalde, Miguel Anxo Fernández
Lores, realizaron un percorrido literario e cultural polo centro histórico.
Aproveitando
a ocasión, fíxose en Compostela unha visita a Cidade da Cultura do
monte Gaiás, onde foi visitada a exposición “Castelao Maxistral”, que homenaxea o papel dos mestres e
mestras na construción do ensino público no 1º terzo do século XX, até a chegada da Guerra. A exposición exhibe por primeira vez en Galicia 'A derradeira leición do mestre‘, óleo sobre
tea de 2 metros de altura pintado polo rianxeiro no exilio bonaerense e considerado
por moitos o 'Guernica galego'.
A
excursión tamén incluíu unha visita a Soutomaior para coñecer o seu castelo medieval, construído no século XII.
![]() |
Alumnos e profesores do IES Concepción Arenal na Praza Alonso de Fonseca, xunto á igrexa de Santa María a Maior. Pontevedra.
|
Etiquetas:
Compostela,
EDLG,
Pontevedra,
Soutomaior,
Viaxes
Conferencia de Núñez Singala
Manuel Núñez Singala, sempre xeneroso, volveu
visitar o noso instituto, esta vez o 16 de outubro. O alumnado de Segundo de
Bacharelato, que ten a súa celebrada Comedia
Bífida entre as lecturas do curso, tivo ocasión de oír a súa sempre amena
palabra nunha conferencia titulada “A
lingua galega: unha oportunidade”. Singala, profesor, escritor e Director so Servizo de Normalización Lingüística da
Universidade de Santiago,
reflexionou sobre o tema dos prexuízos lingüísticos, os estereotipos e a súa repercusión
nos usos. Este tema, ademais de formar parte da programación lectiva de Segundo, urxe ser tratado en profundidade, e máis aínda tendo en conta a preocupante realidade lingüística
do alumnado do noso centro.
11 de xan. de 2019
Ferrol rebelde
0 martes 9 de outubro, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega
(EDLG) levou a 57 alumnos e alumnas de
bacharelato (1ºC e 1ªG) a unha Visita guiada polo centro histórico de Ferrol, un
servizo que o Concello pon a disposición dos cidadáns con carácter gratuíto. As
profesoras Belén Castelao e Ana Vizoso acompañaron a visita guiada pola mañá e,
pola tarde, foron Belén Roca e Ana Dopico as encargadas.
A actividade tivo como
obxectivo que o alumnado coñecese de que xeito a nosa cidade estivo na vangarda
do compromiso cos movementos socio-económicos, políticos, culturais e
lingüísticos no primeiro terzo do século XX.
.![]() |
| Belén Roca (no centro, con gafas) con alumnos e alumnas do centro. Foto: Ana Dopico. |
Fóra do mapa

O alumnado de Artes Escénicas do IES Concepción Arenal,
acompañado pola profesora Belén Roca, que imparte esta materia no noso centro,
foi partícipe, o 29 de setembro, das actividades enmarcadas no programa
do III FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS DE FERROL: “Fóra do mapa”. No
Festival, organizado e financiado polo Concello de Ferrol, os espazos máis
peculiares do barrio de A Magdalena convertéronse no escenario de orixinais
representacións teatrais.
O obxectivo da actividade foi achegar
o alumnado ao teatro contemporáneo representado en lugares descontextualizados,
resaltando o patrimonio artístico e arquitectónico da cidade de Ferrol.
22 de dec. de 2018
Lidia González
LIDIA GONZÁLEZ TEIJIDO ‒inesquecible
alumna do noso centro e, con toda certeza, futura grande doutora‒
obtivo o mellor expediente nas probas de Selectividade de Galicia (13,96 sobre
14). No mes de xullo, a Universidade de Santiago de Compostela organizou un
acto de homenaxe e recoñecemento aos mellores alumnos galegos no Palacio de
Congresos e Exposicións de Galicia. No seu discurso en representación dos
alumnos agasallados, Lidia, expuxo unhas palabras tan interesantes (a
importancia dos soños, a adquisición e práctica dos valores...) que non merecen
ser esquecidas. Están reproducidas na web do noso instituto, pero tamén as
reproducimos aquí.
![]() |
| Lidia durante o seu discurso no Palacio de Congresos. Compostela. |
Señor Reitor,
autoridades representantes dos organismos e institucións, profesores,
compañeiros e familiares, boas tardes a todos. En primeiro lugar gustaríame
agradecer a vosa presenza neste día tan especial, así como o labor da
Universidade de Santiago de Compostela organizando este conmemorable acto.
Hoxe teño a honra e
o pracer de dirixirme a vós en nome de todos os estudantes que rematamos este
ano o Bacharelato e realizamos as probas de acceso á universidade. Aínda que
pode semellar unha tarefa difícil, representar un grupo tan rico e heteroxéneo,
pódese dicir que todos os seus integrantes, entre os que me inclúo, compartimos
nestes últimos anos experiencias que dalgunha maneira conectan as nosas
historias e nos reúnen aquí hoxe. Esta viaxe, que nos levou ata este momento,
parece imposible de recoller cunhas poucas palabras, pero de seguro será
lembrada por todos nós coa intensidade que a caracteriza, e é que mentres
tentabamos resistir esa carreira contrarreloxo, chea de nervios e tensión,
semellaba que o tempo escapaba sen solución. Aínda así, non deixamos un minuto
sen espremer e sen aproveitar, tendo sempre a mirada posta nas nosas esperanzas
e nos nosos soños. Pero, como ben dixo o noso querido Castelao “o verdadeiro
heroísmo consiste en converter os soños en realidades e as ideas en feitos”. Por
iso, hoxe pódese dicir que todos nós somos heroes, experimentando as
gratificantes sensacións que provoca ver os obxectivos cumpridos e obter o
recoñecemento por todo o esforzo realizado, é agora cando despois de conseguir
superar o desafío máis esixente, descubrimos como as nosas aspiracións cobran
vida diante dos nosos ollos.
Non obstante, aínda
que pareza que chegamos á meta, aínda somos pezas que se manteñen unidas grazas
a todos os hoxe aquí presentes, que conseguiron que o día de mañá, antes que
médicos, enxeñeiros, periodistas ou artistas, sexamos persoas. Os nosos
profesores, que nos inculcaron valores coma o amor ao traballo ou a curiosidade
intelectual e que nos transmitiron coñecementos para que, seguindo o exemplo da
parábola dos talentos, os fagamos medrar, devolvendo á sociedade a esperanza
que deposita cada día en nós. Pero tamén as nosas familias, que guiaron os
nosos pasos dende o comezo desta aventura, e estiveron ao noso carón celebrando
os nosos éxitos e apoiándonos nos momentos máis difíciles. Todos eles serviron
de cimento para ir construíndo, pouco a pouco, esa escaleira que nos permitirá
chegar a un lugar onde poderemos observar o mundo que nos rodea cunha nova
visión, que nos descubra aquilo que permanecía agochado ata o de agora.
Así, imos
decatándonos de que malia que despois dun duro traballo se atopa unha grata
recompensa, aínda queda moito lenzo sobre o que pintar. E é que non se trata de
como empeza a nosa historia, nin tampouco de como remata, é o camiño, as súas
fochas e a forma en que as superamos o que nos fai medrar e ser mellores. De
agora en diante tócanos loitar polo noso futuro, aquel que desexamos, sen
deixar que os nosos medos ocupen o lugar das nosas ambicións.
Vivimos nun mundo
no que debemos esforzarnos cada día por lograr unha sociedade que se vexa
expresada nunha convivencia sa, un respecto mutuo e na cal a práctica dos
valores non sexa unha casualidade. É por iso, que a educación, que comeza cunha
simple pregunta, se constitúe hoxe como a arma máis poderosa, ademais de ser a
mellor inversión para lograr un futuro no que non sexa suficiente con nacer
persoas, senón que tamén teñamos que chegar a selo.
Así, non podo
rematar doutra maneira que lembrando o meu paso polo Instituto Concepción
Arenal, que ten a honra de levar o nome dunha gran muller, cunha vida
protagonizada pola entrega e o compromiso que non só nos recorda a importancia
de loitar por conseguir un mundo máis xusto, senón tamén o privilexio que supón
poder acceder ao saber con dereito e liberdade. “Abride escolas e han de pechar
os cárceres” foron algunhas das súas verbas máis célebres, palabras que sen
dúbida demostran que aínda debemos seguir traballando para liberar unha
sociedade prisioneira de si mesma.
(Podes
ver o vídeo da súa intervención en http://tv.usc.es/mmobj/index/id/3624)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















