O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística
de Ferrolterra (CENL) convocaron o V Certame literario "Carmela
Loureiro" como homenaxe a unha muller, profesora en Ferrolterra,
presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á lingua
e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor
anónimo e xeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do
idioma entre a mocidade.
Na fase interna do certame resultaron premiados
os seguintes traballos:
1º CICLO----------------------------------------------------------------------------------------------------
MICROPOESÍA
AMOR?
Non te quero, non te amo,
déixame en paz,
Non me pegues,
non me mates,
déixame vivir!
Cortándome as
veas, eu morro,
el contento.
Alejandra
Fernández Armada, 1ºA ESO
MICRORRELATO
“A VILA DO NECESITADO”
Largou a fume de carozo daquel lugar. Como o atoparan? Non podía
seguir fuxindo toda a vida, iso tíñao claro, pero, que faría? Xa estaba
escurecendo, e, sorprendentemente atopou un bo sitio onde esconderse...quedou
durmido... Espertou algo canso e mareado, algo normal, porque o día anterior
correra media maratón.
Cando se ergueu, mirou ao seu redor, e quedou asombrado. Xa non
estaba no bosque... estaba ás portas dunha pequena aldea.
-Estou tolo -pensou– Estou remotamente tolo.
Pero non, a uns metros de alí había un home, ao que lle
preguntou:
- Perdoa, onde estamos?
Ao que este contestou:
- Este non é un sitio calquera, aquí só veñen os que o precisan. Se quedas levará unha vida tranquila, pero cunha condición. se entras, non poderás volver saír....
- Este non é un sitio calquera, aquí só veñen os que o precisan. Se quedas levará unha vida tranquila, pero cunha condición. se entras, non poderás volver saír....
“MALDITA ESTRADA”
Largou a fume de carozo daquel lugar, non tiña moi bos
pensamentos; estaba no seu coche e viu algo moi estraño, unha persoa. Naquela
estada na metade da nada onde non había civilización ningunha... unha nena
pequena estaba descalza, o boneco e o pixama cheo de sangue...
Virouse, liscou e arrincou o coche a todo gas. Pasaron as
horas... Chegou á casa... Eran as tres e trinta e tres da madrugada!!
Moita xente dicía que a esa hora algo maldito pasaba nos
arrabaldes da vila. Saíu do coche con tino. Ela sempre lles daba creto aos
contos. De súpeto, escoitou un berro, viña das entrañas da casa...
Non vivía con ninguén... Quedou paralizada, até que viu a
rapaza de antes saír da súa casa, achegouse e díxolle: “Nunca debiches irte...”
Botouse a chorar e dende entón o crime segue aberto...
A seguinte serás ti...
Ariana
Domínguez Fernández. 2ºA ESO
2º CICLO ----------------------------------------------------------------------------------------------------
"QUERÍAN QUE VOASE CON ELES..."
Querían que voase con eles.
O que non
sabían era
que eu xa estaba no ceo.
Nayla
Abeal Fernández. 3ºC ESO
MICRORRELATO
“FUXIDA”
Largou a fume de carozo daquel lugar, o vestido arrastraba polo
chan e non lle deu tempo a sorrir. As campás xa soaban e o cardado perdera
volume, só os bos perfumes seguían a cheirar. Ao noivo saíanlle as bágoas. De
súpeto entrou a alegría e o alivio, non soaba música nin había noiva, pero a
felicidade era inmensa.
Martina
Ameneiros Barreira. 3ºC ESO
BACHARELATO ---------------------------------------------------------------------------------------------
MICROPOESÍA
"O BURATO"
Camiño por un burato negro,
estou asustada e perdida,
non lembro nada, todo está escuro,
levo moito tempo, non atopo o final!
Teño morriña, quero saír!
Este é o final, pero… non é o meu lar.
Mercedes
Castro Freijomil 1ºA bach
"AS MELODÍAS"
Fannos ser como somos
os bailes da vida.
Podes bailar
ou quedo podes quedar.
Non o saberás
ata que empeces a bailar.
Candela
Torrente López. 1ºD bach
"LEMBRA"
Cara adiante, si, camiña, mais de vez en cando vira; vira
e lembra,
lembra os mortos, os feridos, os que levan no corpo
cicatrices
lembra os ledos, canfurneiros, cantareiros, satisfeitos e
por que non, fachendosos
lembra ós teus; lembra ós alleos
cara adiante, si, camiña; acouga de vez en cando
sen esquecer que lembrando, adiantamos, camiñando
"A GAIOLA"
Teño
medo.
Non sei como saír de aquí.
Podo morrer
ou podo vivir.
Non sei en que pensaba
cando quixen entrar aquí.
Laura Candal
Marcos. 1ºF bach.
MICRORRELATO
"TODO
REMATOU..."
Largou
a fume de carozo daquel lugar.
O
corazón latexáballe a mil por hora, as pernas xa non lle daban máis de si, e
das mans pingáballe unha mestura de suor e sangue.
Miraba
cara atrás constantemente, pero a rúa seguía baleira.
Sentou
nun banco no medio dun parque a respirar, e un milleiro de imaxes apiñábanse na
súa mente; o son do coitelo rompendo a pel, o líquido vermello brotando da
ferida aberta... agora todo rematara, porén, a sensación de afogar non cesaba,
e non puido evitar cravar o coitelo, aínda na súa man, no máis fondo do seu
peito.
Agora
si que todo rematou...
Mirou
cara ao ceo e os últimos anos de vida pasaron por diante dos seus ollos. Os
berros, os golpes, as malleiras... pero agora el estaba morto, e axiña ela tamén
o estaría, só pensaba non atopalo no ceo...
Raquel Sánchez
Tuero. 1º C bach.
“EPIFANÍA”
Larguei
a fume de carozo daquel lugar! Xa o sei, non era o correcto pero a idea de ser
pai adolescente tomoume por sorpresa, non podía pensar, así que marchei. Entrei
na cafetaría da rúa Real. Sentei e comecei a mirar ao meu arredor para fuxir
dos meus pensamentos e entón vina, unha nena cun vestidiño e cuns zapatiños de
charón, ollándome fixamente. Un home chamouna dende a porta, ela sorriume e
coma unha fantasma tomou a súa man e marcharon xuntos. Nese momento souben o
que tiña que facer, volvín sobre os meus pasos e atopeina nun banco chorando,
sentei ao seu carón, puxen a man sobre a súa barriga e díxenlle:
‒ Será a nena máis
fermosa do mundo!
Miroume, sorriu e
fun o home máis feliz do mundo.
Ángel Novo
Barro, 1ºD bach
Ningún comentario:
Publicar un comentario