Páxinas

IMAXES NURIA VIL 13/3/2014

6 de maio de 2013

Días sen gloria

O pasado 10 de abril desprazámonos a Compostela para asistir á representación de Días sen gloria de R. Vidal Bolaño, feita polo CDG. A actividade organizouna o Departamento de Lingua galega e literatura e mais o Equipo de Normalización Lingüística.
A seguir ofrecemos unha escolma das valoracións feitas por alumnado de 2º A de Bacharelato:

OS MÁIS PRECAVIDOS

Durante varios minutos deixámonos levar polo que o autor nos quería transmitir: sensacións, impresións e todo o que representa o Camiño de Santiago. Todos somos camiñantes nun camiño que representa a vida.

JUAN FERNÁNDEZ OTERO

Días sen gloria, en principio, era unha obra teatral bastante complicada desde o meu punto de vista. Aparecían personaxes que non tiñan moita relación… Pero, a medida que pasaban os minutos, era máis e máis entretido; camiñaba con eles cara a Santiago e sentía os momentos ledos mesturados con enfrontamentos por parvadas.

RAQUEL ESPINOSA VÁZQUEZ

Trátase dunha obra cun comezo lento que semella ser aburrida ao comezo, pero que toma un cambio brusco co encontro dos personaxes cun gran sentido cómico. Sen embargo, o remate da obra é deficiente en canto a efectos especiais, pero co gran simbolismo que mostra a fin do camiño.

PABLO GONZÁLEZ PÉREZ

Persoalmente gustoume, sobre todo polo sentimento que teño cara ao Camiño, o cal recomendo facer, e que se vexa esta obra para entender moitos dos significados que se lle atribúe a este.

LUCÍA CHEDA ABELLA

Sinceramente, a obra sorprendeume bastante e esperaba bastante menos dela, posto que me defraudaron algunhas obras en galego. Por iso mesmo recomendo vela, a pesar do final que non me gustou…
ÁLVARO LÓPEZ FERNÁNDEZ

Foi unha obra sorprendente, moi diferente ao esperado. Nun escenario único e con poucos actores, conseguiu transmitir perfectamente as sensacións e sentimentos que tiñan os personaxes ao longo do Camiño de Santiago. É recomendable por ser unha obra diferente pola decoración con cordas, a música feita con elementos artesanais e coa voz dos propios actores.

ALBA PAZ FERNÁNDEZ

…en canto ao material escenográfico pareceume un pouco deficiente en relación co que a obra quere transmitir, por exemplo no momento final cando se produce a morte do protagonista, xa que a forma en que o matan non é moi crible.
ADRIÁN LÓPEZ MARTÍNEZ

Pareceume unha obra moi interesante en diferentes sentidos, pero quizais algo extensa.

RAQUEL MUÍÑO SOUTO

Impresionoume moito que a musicalidade a crearan os propios actores, cantando ou con instrumentos cotiáns. Gustoume que os actores interpretaran diferentes personaxes, pero non me gustou o final (a morte do protagonista), porque preferiría que os protagonistas acabaran xuntos. Ademais agradoume que a obra mesturase traxedia e comedia.

MARTA CHAO PLATAS

É  unha experiencia que moita xente debería facer, porque é boa tanto na aprendizaxe coma nos valores persoais, xa que a nosa vida é coma un camiño que debemos facer.

SILVIA FERNÁNDEZ DÍAZ

A obra trata sobre o Camiño de Santiago, este Camiño representa a nosa vida. Dános a valiosa lección de que non hai que xulgar a unha persoa pola primeira impresión, tal e como lles sucede aos dous protagonistas, xa que ambos comezaron o camiño desconfiando un do outro e, ao final, acaban namorándose.
LUCÍA VIÑES GARCÍA


Roberto Vidal Bolaño (1950-2002), autor de Días sen gloria
OS MÁIS ENTUSIASTAS

Días sen gloria foi a representación teatral en lingua galega máis entretida e apaixonante que nunca vira antes. Desde a miña butaca tiven a sensación de estar inmersa na historia, coma se soamente estivésemos os actores e eu; disfrutando dunha cantidade de sensacións indescritibles. Recoméndolla a todo o mundo, xa que, ademais de entreter, móstranos a historia do Camiño de Santiago, o cal milleiros de persoas realizan desde diferentes lugares do mundo para vivir unha experiencia única, que en ocasións está cargada de relixiosidade, como en Días sen gloria, mostrándonos a esperanza dun milagre ou simplemente por disfrutar dunha nova experiencia.

SARA GARCÍA RICO

A obra Días sen gloria estivo moi ben representada e os efectos sonoros foron maxistrais. Chamoume moito a atención os instrumentos  e a forma en que se empregaron para crear o ambiente da obra. Tamén é incrible o papel dos personaxes, que non só interpretan a obra, senón que son os encargados de crear os seus adornos musicais.
O argumento da obra reflicte a importancia da tradición do Camiño de Santiago, pois é un camiño de reflexión sobre o sentido da vida.
Persoalmente, recoméndolle esta obra a todas as persoas, desde os máis pequenos ata os maiores, desde os máis veteranos  ata os menos interesados neste tipo de espectáculo, pois é unha obra que non defraudará a ninguén.
FRANCISCO XABIER CASTRO SEQUEIRO

Sorprendeume o ben que se pode adaptar unha obra teatral á escena con poucos elementos: un carro, os traxes de cada personaxe e instrumentos musicais variados para crear o ambiente de cada escena.
É unha peza que, para min, vai captando pouco a pouco o interese do espectador, e apta para un variado público, que, ademais, esconde unha metáfora: a vida é un camiño (simbolízase co Camiño de Santiago), xente nova, ambientes novos, obstáculos… Así é a vida. O noso día a día é un paso máis no camiño.
Gustoume tamén o feito de que os personaxes non foran heroes perfectos, senón xente real, con problemas reais e cos seus propios obxectivos.

SARA PORTAS VALDIVIESO


Ningún comentario:

Publicar un comentario