Páxinas

IMAXES NURIA VIL 13/3/2014

30 de nov. de 2012

Probando, probando...

A modo de proba -porque recoñecemos humildemente que aínda non sabemos como vai isto- aí vai unha nosa tradución dun macabro pero divertido miniconto de Max Aub:

FALABA E FALABA...

Falaba, e falaba, e falaba, e falaba, e falaba, e falaba, e falaba. E veña a falar. Eu son unha muller da miña casa. Pero aquela criada gorda non facía máis que falar, e falar, e falar. Estivese eu onde estivese, viña e empezaba a falar. Falaba de todo e de calquera cousa, o mesmo lle daba. Despedila por iso? Tería que pagarlle os seus tres meses. Ademais era moi capaz de botarme mal de ollo. Até no baño: que se isto, que se aquilo, que se o de máis alá. Metinlle a toalla na boca para que calase. Non morreu diso, senón de non falar: rebentáronselle as palabras por dentro.

1 comentario:

  1. Felicidades polo blog. Paréceme unha proposta moi interesante. O deseño da páxina é precioso e os artigos xa publicados de moita calidade.

    ResponderEliminar